A aplicación da LOMCE está pondo en evidencia o desgoberno, o despropósito e o desprezo da Consellaría de Educación co profesorado, coas familias e cos centros educativos.
Os centros educativos tiñan de prazo até o
15 de xuño para mudar os libros de texto, mais hoxe por hoxe, 18 de
xuño, a Consellaría no trasladou nin aos centros nin ás direccións
ningunha instrución ou circular sobre como proceder ante a nova
situación, consecuencia dos cambios de currículos e da implantación da
educación primaria. Nin sequera respondeu a aquelas direccións que se
dirixiron directamente á Consellaría para ter información e coñecer a
que aterse para fixar os libros de texto para o vindeiro curso.
A Consellaría, con este comportamento irresponsábel, pretende
que sexan os centros os ue resolvan unha situación conflitiva inducida
pola propia Consellaría que se opta por cambiar os libros de texto, pode
comportar, nalgúns casos, un gasto extra ás familias.
A
Consellaría de Educación só está obsesionada por subordinarse aos
intereses do PP de Xénova e por iso non ten inconveniente en actuar con
total improvisación e impunidade á hora de aplicar a LOMCE. Non lle
importa que o día 1 de setembro se inicie o novo curso escolar, no que
está prevista a aplicación da LOMCE nos cursos 1º, 3º e 5º de Primaria,
sen que se estean publicados os currículos nin se coñezan os criterios
de avaliación desas etapas, malia que ao inicio do curso é cando se
aproba a programación dos departamentos e a programación xeral anual de
centros.
A CIG-Ensino, diante de tanto desatino, desleixo e
improvisación, exíxelle á Consellaría que urxentemente remita aos
centros unha circular clara no sentido de que se continúe cos libros de
texto actuais para o vindeiro curso, a fin de impedir un gasto
innecesario ás familias, moito máis inxustificado neste momento de crise
que tan cruelmente está golpeando as clases populares galegas. Ao mesmo
tempo, exiximos, mais unha vez, a gratuidade universal dos materiais
curriculares e dos libros de texto, mediante a modalidade de préstamo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario