A CIG-Ensino presentou outras 25 emendas co obxecto de modificar os aspectos máis lesivos deste decreto
A CIG-Ensino presentou este xoves 12 de
xuño no Consello Escolar de Galiza, unha emenda á totalidade solicitando
a retirada do proxecto de Decreto que regula a Formación Profesional
Básica recollida na LOMCE por tratarse dun modelo que pretende segregar o
alumnado no ensino obrigatorio e conformar un sistema a educativo
estratificador, clasista e selectivo. As emendas a totalidade votáronse
conxuntamente e foron rexeitadas por 17 votos en contra e 16 a favor. A
CIG-Ensino presentou outras 25 emendas para modificar os aspectos máis
lesivos para o ensino deste proxecto de decreto. Coincidindo con este
debate a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público concentrouse ás
portas da sede do Consello Escolar de Galiza.
A solicitude de retirada deste proxecto por parte da CIG-Ensino fundamentase, tamén, no seguinte:
- A carencia de debate e participación de profesorado.
- A improvisación existente durante o procedemento de tramitación, o que mesmamente levou a que a Permanente do Consello Escolar de Galiza ditaminara un proxecto de decreto baseado nun real decreto que estaba sen aprobar polo Goberno central.
- En que estamos ante un proxecto que se pretende aplicar para o curso que vén sen que se coñeza, nin se negociara mapa algún da FP. “A obstinación de querer aplicala para o próximo curso amosa a total vasalaxe do conselleiro aos intereses do PP e non as necesidades que ten o sistema educativo galego”, explicou Anxo Louzao, secretario nacional da secretario Nacional da CIG-Ensino e membro do Consello Escolar de Galiza.
- En que afianza un modelo de educación de formación profesional dual que supón maior privatización e ordenación da formación polas empresas.
- Esta é unha modalidade de formación que nada ten que ver coa estrutura do noso país.
- En que propón unhas ráteos de 30 alumnos por aula cando este nivel educativo se por algo se debe caracterizar, tendo en conta o alumnado o que vai dirixido, é por unha formación personalizada.
- Ademais o alumnado que non aprobe a reválida non vai ter título de ESO.
- Este proxecto non garante nin sequera o transporte escolar ao alumnado.
- Carece de oferta de ciclos de todas as familias profesionais e non garante os recursos necesarios educativos nos centros nos que se vai impartir.
- Non asegura, nin sequera, os mínimos establecidos no decreto de plurilingüísmo ao non establecer os módulos que ese deben impartir en lingua galega.
- Liquida o módulo de Iniciativa Persoal e Relacións Laborais.
- Na falta de negociación na Mesa Sectorial e na negativa a contrastalo cos lexitímos representantes do profesorado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario