A organización fala de 100.000 asistentes a unha mobilización que amosou o rexeitamento á Lei Wert e apostou polo modelo educativo catalá, tamén entre berros a favor da independencia.
Milleiros de persoas, unhas 25.000 persoas segundo a Garda Urbana de Barcelona e 100.000 segundo a organización, mobilizáronse este sábado en Barcelona nunha manifestación en defensa do modelo educativo catalán na escola e contra a aplicación en setembro da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (Lomce).Con carácter festivo e baixo o lema 'Para un país de todos, decidimos escola catalá', saíron da praza Tetuán e finalizaron no paseo Lluís Companys, fronte ao parque da Ciutdadella.
Durante a marcha puidéronse ver pancartas con lemas como 'Defendamos a escola catalá', así como de apoio ao mestre mallorquín Jaume Sastre, que leva 38 días en folga de fame en apoio ao modelo lingüístico catalán.
O colectivo convocante, a plataforma Som Escola cualificou a implantación da Lomce como "unha ameaza real e unha ofensiva en toda regra". Segundo a organización, a mobilización celebrada é "a proba palpábel de que a escola non está soa, e que a sociedade considera que é un elemento moi propio e trascendente".
Entre cánticos como 'Independencia' e 'Todos somos escola' e apupos contra o ministro de Educación, José Ignacio Wert, @s manifestantes expresaron na rúa "que están a prol dunha escola pegada ao país".
Ningún comentario:
Publicar un comentario