A fenda na transmisión xeracional do galego ameaza o futuro da nosa lingua. Desde Carballo avanzan as claves para que isto no aconteza no curso #traballandoenlingua da USC e a CTNL.
Os obxectivos son ambiciosos e urxentes nun momento como o que atravesa a lingua galega. Desde Carballo, na décima edición do Curso de verán de dinamización lingüística #traballandoenlingua, buscarase estudar os condicionantes que interrompen a transmisión xeracional, analizar experiencias e debater medidas de intervención que eliminen un dos principais atrancos á normalización lingüística. O curso terá lugar os días 9, 10 e 11 no Fórum de Carballo.Organizado pola Universidade da Coruña e a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL), o curso afondará nas ferramentas para que nenas e nenos teñan o galego como lingua inicial e se manteñan no uso da lingua de maneira habitual. O curso terá carácter fundamentalemente práctico con especial dedicación ás medidas de intervención sobre as xeracións novas das que dependerá o futuro da lingua.
"O curso terá carácter fundamentalmente práctico con especial dedicación ás medidas de intervención sobre as xeracións novas das que dependerá o futuro da lingua".Especialistas, nais e pais, docentes, ou traballadores e traballadoras de normalización participarán no programa no que se valorarán distintas experiencias no ensino infantil, intervencións e resultados, propostas de obradoiros e actividades, recursos educativos ou distintos camiños de transmisión do galego nun momento en que os recentes datos de unha maior diminución aínda do uso do galego en infantil nas cidades, que non chega ao 3%, fan aínda máis urxente afondar nas posibilidades de transmisión da lingua.
O curso da UdC conta coa colaboración da CTNL , o Concello de Carballo e a Xunta. Para participar compre se anotar no seguinte no web da Universidade.
O catedrático de Sociolingüística da Universitat d’Alacant Brauli Montoya será o encargado da conferencia inaugural nun curso no que participarán especialistas da Galiza e de fóra como Xaquín Loredo, Valentina Formoso, Belén Regueira, Neves Arza, Dolores Oubiña, Rita Iglesias, Marta Besada, Adela Pita, Luís Prego, Ruth Caramés, Conchi Cochón, Nel Vidal, Soco García, Rosa Moreiras, Paula Kasares ou Xabier Díaz que falarán desde os seus distintos ámbitos de actuación. A presidenta de Nova Escola Galega e profesora da UdC, Mariló Candedo pronunciará a conferencia de clausura. Máis información sobre o programa do curso neste enlace.
Ningún comentario:
Publicar un comentario