A líder de UPyD Rosa Díez está chamada a declarar na cuarta vista do proceso a 12 persoas que fixeron fronte en 2008 a unha manifestación de Galicia Bilingüe.
Os Xulgados de Fontiñas, en Compostela, acollerán esta sexta feira a cuarta e derradeira vista do xuízo a 12 persoas para as que a Fiscalía pide 45 anos de prisión e 34.000 euros de multa
polos incidentes durante unha manifestación de GB en 2008. Nesta última
sesión está previsto que compareza Rosa Díez a petición da defensa. A
presidenta de UPyD estivo nesa mobilización de Galcia Bilingüe, na que
tamén tomaron parte dirixentes do PP, como a actual ministra Ana Pastor,
ou da Falange.
Rosa Díez fora chamada a declarar o dia 23 de Maio mais non acudiu argumentando que estaba en campaña electoral, un motivo que foi calificado pola maxistrada como “xustificación relativa” xa que a cita xudicial estaba marcada anteriormente ao inicio das eleccións. Esta é a razón pola que se produce esta cuarta vista.
Solidari@s
Ao igual que nas outras tres vistas hai convocada unha concentración de apoio aos encausados. Ás 9:00 ante os Xulgados de Fontiñas.

Ningún comentario:
Publicar un comentario