Só sete centros declaran impartir maioritariamente en galego segundo a enquisa que vén de presentar a Mesa pola Normalización Lingüística, un 2,42 % fronte ao 3,19 % do pasado ano. 94,43 % usan maioritariamente o español.
Ningún na Coruña, Ferrol, Pontevedra e Lugo, dous en Ourense e cinco Santiago. Só
un 2,42 dos centros de Educación Infantil declara que desenvolven a súa
actividade maioritariamente en galego. Os que afirman que a súa
comunicación se realiza a metade en galego co alumnado alcanza só o
4,15. Do 94,43 % restante, que confesan usar maioritariamente o
castelán, só hai 2 que indican que chega ao 33%, Son os datos definidos
como “alarmantes” pola Mesa pola Normalización Lingüística que presentou
esta terza feira o resultado da enquisa realizada cos centros durante
os meses de abril e maio.
Do total de 289 centros de Educación Infantil, a inmensa maioría, 270, teñen as súas actividades maioritariamente en castelán, só 7 maioritariamente en galego e 12 informan de que o reparto de linguas é ao cincuenta por cento.
Non é máis optimista a situación con respecto ao uso de materiais na nosa lingua. No conxunto das cidades, só 11 centros contan con materiais didácticos en galego e 278 manifestan que non empregan ningún na nosa lingua. “Dáse mesmo a circunstancia de que hai menos centros que dispoñan de materiais didácticos en galego dos xa poucos que declaran impartir aulas na nosa lingua. É indicativo da falta de interese por dotar de materiais dignos ao profesorado”, denuncia o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira.
Os resultados da demolición
Para Marcos Maceira, a enquisa e os seus resultados están a demostrar “o éxito do plan de demolición lingüística da Xunta que se constata na aceleración do proceso de eliminación do galego do sistema educativo”.
Relacionou o presidente da MNL, o estado do proceso de normalización cos obxectivos do “decretazo”. “O que nos tememos é que isto non é un fracaso senón todo o contrario, o cumprimento dos seus obxectivos. Esta radiografía demostra que se houbera vontade de camiñar cara á normalización cumpriría derrogar o decreto e retomar o consenso do Plan Xeral de Normalización Lingüística como punto de partida”.
Marcos Maceira reclamoulle ao presidente da Xunta, Núñez Feijóo que poña fin “ao quinquenio negro para a nosa lingua e ao desprezo que mostra polo galego que é o desprezo que sinte por Galiza”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario