- A empresa SHE-Herencia responde ás solicitudes de envío da información en galego que no contrato que asinaron coa Xunta “no figura por ninguna parte que debamos de (sic) enviarle la información en gallego”
- Marcos Maceira, presidente da Mesa: “A Xunta paga con diñeiro público a exclusión da nosa lingua e a vulneración do marco legal”
O profesorado admitido no programa PIALE (Programa de aprendizaxe integral de linguas estranxeiras), organizado e financiado integramente pola Xunta de Galiza, está a recibir estes días un correo electrónico da empresa subcontratada polo Goberno galego para xestionar o programa. A primeira sorpresa dos docentes foi que lles chegase á súa caixa de correo unha comunicación "só en castelán, en que se excluía totalmente o idioma galego, tanto na mensaxe como no formulario que lles solicitaban que cubrisen".
Tras a solicitude por parte dalgúns participantes de que se encamiñase esa información no idioma de Galiza, a resposta da compañía concesionaria, SHE-Herencia, foi que "esta empresa tiene su sede central en Madrid" e que asinaron un contrato coa Xunta "donde no figura por ninguna parte que debamos de [sic] enviarle la información en gallego", razón pola cal non van facilitar nin a comunicación nin os fomularios neste idioma.
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, afirma que "o máis grave de todo isto é que se está a pagar con diñeiro público a exclusión da nosa lingua" e pregúntase "como é posíbel que o Goberno galego non reclame ás empresas que reciben diñeiro público que cumpran co marco legal vixente desde hai trinta anos, dentro do cal está o recoñecemento da oficialidade do galego".
Maceira lamenta que "son os cidadáns de a pé os que teñen que reclamar o cumprimento da oficialidade do galego, ante unha Administración que non só non o fai, senón que anima á continuada vulnearción deste marco legal". Así mesmo, o portavoz da maior asociación cultural de Galiza sinala que van estudar "todas as medidas que estean na nosa man, sen descartarmos mesmo as xudiciais, para non permitirmos esta vulneración dos nosos dereitos lingüísticos por parte da mesma Xunta que ten a obriga legal, mesmo estatutaria, de defendelos".
INFORMACIÓN E SUXERENCIAS SOBRE ACTIVIDADES FORMATIVAS E OUTRAS CUESTIÓNS RELACIONADAS COA EDUCACIÓN DOS ALUMNOS DO C.E.I.P.
xoves, 12 de xuño de 2014
Unha empresa concesionaria da Consellaría de Educación négase a entregar formularios en galego ao profesorado
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario