Santiago acollerá dende o mércores as probas, con estudantes de oito centros da zona.
Toca ampliar as horas de estudo e temperar os nervios
entre os case douscentos estudantes de Deza e Tabeirós-Terra de Montes
que se enfrontarán este xuño ás probas de Selectividade. Este mércores,
día 11, comezan os exames en Santiago tan esperados polo inminente salto
á Universidade como temidos para 187 alumnos da zona, non só por ter
que superalos senón tamén especialmente pola necesidade de conseguir a
nota que de acceso á carreira soñada.
Na Estrada presentaranse un total de 59 alumnos.
No instituto García Barros cursaron segundo de Bacharelato un total de
85, aprobando 47 e acudindo ao Selectivo 46. Neste centro houbo catro
matrículas de honra, destacando o 9,78 de María Rey Bascuas. E no IES
Antón Losada Diéguez serán dezaseis os que realicen a proba, trece deste
curso e tres de pasados, e houbo trinta alumnos. Houbo unha matrícula
de honra, de Jennifer Brea, con 9,53.
Dos dous institutos de Lalín serán 76 estudantes
os que se examinen. Por parte do IES Laxeiro, dos 56 matriculados deste
ano van corenta ás probas e concederon catro matrículas de honra, a máis
destacada coa nota de 10 de Paula Castro Sesto. Non obstante, no IES
Aller Ulloa, dos 70 que cursaron este ano só 36 acudirán a
Selectividade. En canto ás matrículas de honra outorgadas segundo o
número de alumnos, foron tres, a Leticia Diéguez, Sara Piñeiro e Mónica
Otero.
En Silleda será 26 os que irán dos dous
institutos da zona. Do IES Pintor Colmeiro irán 17 dos 27 matriculados,
dos cales Claudia García Gómez se levou a única matrícula de honra con
9,75. No María Inmaculada só son nove estudantes os que irán dos vinte
de segundo que cursaron este ano Bacharelato.
En Forcarei, polo instituto Chano Piñeiro
asistirán ás probas de acceso nove estudantes, dos 16 matriculados.
Finalmente, o IES Marco do Camballón de Vila de Cruces levará a dezasete
alumnos dos 24 matriculados. Neste caso a matrícula de honra cun 9,45
foi para Isabel Carmoega.
Adeus a Selectividade
Esta será unha das últimas edicións das probas
para acceder á Universidade, xa que tras o decreto aprobado para o curso
2017-2018, o que coñecemos como Selectividade desaparecerá.
Ningún comentario:
Publicar un comentario