Dous proxectos de escolas infantís municipais da Coruña recibiron o recoñecemento de Unicef polas súas "boas prácticas á hora de mellorar o benestar da infancia".
Diso informou o concello a través de comunicado, no que a concelleira de Xustiza Social e Coidados, Silvia Cameán, se congratula polo galardón outorgado ás escolas de Monte Alto e Carricanta. "Unha clara mostra da calidade da educación pública na Coruña", reivindicou.
En concreto, a iniciativa 'A tenda de Antón', de A escola de Monte Alto, e 'Con moitas mans faremos un mundo mellor', do centro Carricanta, obtiveron senllos galardóns na VIII Convocatoria do Certame de Boas Prácticas 2016 outorgado polo Programa de Cidades Amigas da Infancia, impulsado polo organismo internacional xunto a outras entidades estatais.
"Este galardón non é só unha clara mostra da calidade educativa das escolas infantís municipais, senón que é un recoñecemento ao cadro de persoal de toda a rede das escolas infantís municipais polo inxente traballo que realizan cada día en defensa dun ensino de calidade", remarcou a edila.
Ningún comentario:
Publicar un comentario