mércores, 26 de outubro de 2016

Chamamento a baleirar as aulas mañá mércores día 26

En relación á folga convocada para mañá polo SE (Sindicato de Estudantes) e CONFAPA que quere por de manifesto o absoluto rexeitamento ás reválidas impostas e instar á administración educativa á anulación do RD 310 /2016 de 29 de xullo polo que se regulan as mesmas, o STEG quere darvos traslado do seguinte:


  • O apoio do STEG á xornada de folga educativa convocada para esa data polo sector do alumnado (SE) e polo sector de pais e nais (CONFAPA-GALICIA) que promoven un baleirado de aulas en toda Galicia.
  • Facer un chamamento a toda a comunidade educativa á participación na loita contra esta lei infame que restrinxe ó acceso a titular do alumnado; xerando, tamén, incertidume no alumnado, no profesorado e nas familias pola falta de concreción por parte da administración educativa de aspectos clave como os modelos de exame en 2º de BACH, a alteración do calendario de final de curso …
As organizacións integrantes da Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia(CONFAPA-GALICIA, FE-CCOO de Galicia, FeSP-UGT, ESCOLA VIVA e IESGA)máis o STEG pola súa parte, amosan o seu rexeitamento absoluto á imposición das reválidas e reiteran que non deixarán de realizar actuacións conxuntas dentro dun marco global de loita pola derrogación da LOMCE e o resto de contrarreformas educativas, así como para lograr a reversión total dos recortes sufridos nos últimos anos.

Polo que facemos un chamamento a toda a comunidade educativa á participación nas manifestacións e concentracións que se celebrarán a longo da xeografía galega para reverter os males dunha lei infame e inxusta, mal chamada “de Mellora da Calidade da Educación” e poder acadar unha educación de calidade e de equidade.

OS HORARIOS DAS CONCENTRACIÓNS DE MAÑÁ MÉRCORES DÍA 26 DE OUTUBRO SON OS SEGUINTES:

CORUÑA: diante da Delegación do Goberno, ás 19:30 horas

LUGO: diante do Edificio Multiusos da Xunta ás 19:30 horas

OURENSE: diante da Subdelegación do Goberno ás 19:30 horas

MUROS: Praza do Concello ás 12:00 horas

PONTEVEDRA: Praza da Peregrina ás 18:00 horas

RIBEIRA: Praza do Concello ás 19:30 horas

Ningún comentario:

Publicar un comentario