martes, 25 de outubro de 2016

A Xunta concede os 20 premios extraordinarios de Bacharelato do curso 2015-2016

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concedeu os 20 premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/2016. O Diario Oficial de Galicia publica este luns a resolución dos galardoados nesta convocatoria coa que se busca "recoñecer a excelencia educativa do alumnado".

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria concedeu os 20 premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2015/2016. O Diario Oficial de Galicia publica este luns a resolución dos galardoados nesta convocatoria coa que se busca "recoñecer a excelencia educativa do alumnado".
Estes premios están dirixidos aos estudantes que obtiveron unha cualificación final media igual ou superior a 8,75 nos dous cursos de bacharelato e as mellores cualificacións nas probas realizadas para optar aos devanditos galardóns.
En concreto, realizaron unha proba estructurada en dúas partes: análise e comentario crítico dun texto de carácter xeral, histórico, filosófico e literario e na resposta a cuestións de carácter cultural e lingüístico sobre un texto en lingua estranxeira cursada polo alumno como materia común de bacharelato.
Cada un recibirá unha contía de 1.000 euros e quedará exento durante o primeiro ano do pagamento de prezos públicos na matrícula de estudios superiores durante o primeiro curso nun centro público.
Os galardoados foron Mercedes Anaya Cortizo de Nosa Señora dos Ollos Grandes, Alejandro Brao González do IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, Fernando Cabana Porto do Plurilingüe San José, María Luisa Cal Fraga do IES Sofía Casanova, Elena Carrera Fernández do CPR Plurilingüe Santa María do Mar, Adrián Castro Montenegro do IES Leiras Pulpeiro, Iago Codesido Centoira, do IES Francisco Aguiar, Uxío Eduardo Fernández Corbelle do IES Monte Castelo e Luis Fernández Martínez, do CPR Manuel Peleteiro.
Tamibén resultaron premiados María Gabía Rascadodel IES Canido, Guillermo Garrido Novoa do IES As Lagoas, Leyre León Álvarez, do IES Plurilingüe Durmideiras, María Irene Lois Vermello do CPR Plurilingüe Santa María do Mar, Carmen Novo González do IES Vilar Ponte, Paula Portela Cabana do IES Leiras Pulpeiro, Mr Regueiro Romero do CPR Manuel Peleteiro, Óscar Rocha López do CPR Plurilingüe Compañía de María, Pablo Santiago Espiñeira do CPR Plurilingüe Santa María do Mar, Alberto Ulloa Meijide do CPR Plurilingüe Apóstolo Santiago, Luis Valencia Rivera, do IES Eduardo Blanco Amor

Ningún comentario:

Publicar un comentario