Nos últimos anos veu descendendo o número de bibliotecas en Galicia (hoxe hai 497, fronte ás 591 de 2006), cada vez se incorporan menos libros novos aos seus fondos e, igual xeito redúcese o persoal que traballa nelasNa Coruña, por exemplo, a Rede Municipal de Bibliotecas organiza dúas xornadas especiais nomeadas As bibliotecas nos mercados, nas levará a actividade cultural fóra dos seus propios recintos. Así, nas mañás dos días 24 e 25 de outubro, en horario de 9 a 14 horas, a cidadanía que visite os mercados municipais das Conchiñas, Elviña, Monte Alto, Praza de Lugo e San Agustín, poderá coñecer de primeira man os servizos que a diario ofrecen as bibliotecas municipais: obradoiros, charlas ou clubs de lectura, ademais do propio servizo de préstamo de libros en papel, libros dixitais, dvds, discos de música e demais. De igual xeito, as bibliotecas dependentes da Xunta acollerán un bo número de actividades en Lugo, Ourense, A Coruña, Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela.
Este luns 24 de outubro é tamén un día de reivindicación para os e as profesionais das bibliotecas, nun contexto de recortes orzamentarios e peche de centros. Nos últimos anos veu descendendo o número de bibliotecas en Galicia (hoxe hai 497, fronte ás 591 de 2006), cada vez se incorporan menos libros novos aos seus fondos e, igual xeito redúcese o persoal que traballa nelas. Das 497 bibliotecas galegas, só 122 permanecen abertas máis de 40 horas á semana. A maior parte (258) abre entre 20 e 40 horas semanais. 76 fano entre 10 e 20 horas e outras 41 son de acceso público menos de 10 horas cada semana.
Máis dun millón de galegos e galegas son socios e socias dalgunha destas entidades (en concreto, 1.023.183), o que representa o 38% da poboaciónA pesar das dificultades, o número de usuarios e usuarias das bibliotecas galegas creceu notablemente nos últimos anos, máis dun millón de galegos e galegas son socios e socias dalgunha destas entidades (en concreto, 1.023.183), o que representa o 38% da poboación. Esta cifra experimentou en 2014 un lixeiro descenso, despois de anos dun constante crecemento dende os 872.116 inscritos e inscritas de 2008 (unha suba do 17,4%). Tamén creceu nos últimos anos o número de libros prestados polas bibliotecas públicas galegas, un 20% en seis anos. Dos 2,5 millóns de exemplares de 2008 pasamos aos 2,9 millóns en 2014, cun pequeno descenso -iso si- dende o 2012.
As bibliotecas públicas galegas veñen experimentando reducións nos seus orzamentos, uns recortes que afectan sobre todo ás compras de novos libros e outros materiais. O gasto total en adquisicións diminuíu en 2,6 millóns de euros entre 2012 e 2014 en Galicia, ata quedar nos 10,4 millóns, a cifra máis baixa dende o ano 2006. En consecuencia, o número de altas de novos libros nos fondos das bibliotecas públicas galegas é menor cada ano: dos 477 mil de 2008 pasamos aos 338 mil en 2012 e os 245 mil en 2014. A partida de persoal viuse menos afectada, pero tamén se atopa en descenso. O número de traballadores e traballadoras nas bibliotecas públicas galegas reduciuse nos dous últimos anos, dende as 1.300 xornadas laborais completas ata as 1.285.
Nos dous últimos anos a Xunta deixou fóra do reparto desta axuda as bibliotecas públicas daqueles concellos que teñen máis de 30 mil habitantesA partida que os orzamentos da Xunta lle dedican cada ano á adquisición de fondos bibliográficos para as novas bibliotecas públicas sufriu un brutal recorte entre 2009 e 2013, caendo dende os 2,4 millóns ata os 650.000 euros, ao redor da cuarta parte. Nos tres últimos orzamentos presentados polo Goberno galego a achega continuou reducíndose, sendo de 560.000 euros para o ano 2016. Ademais, nos dous últimos anos a Xunta deixou fóra do reparto desta axuda as bibliotecas públicas daqueles concellos que teñen máis de 30 mil habitantes (Arteixo, Carballo, Narón, Oleiros e Vilagarcía, ademais das sete grandes cidades), localidades nas que vive o 42% da poboación.
Bamad Galicia denuncia que "estas mínimas dotacións orzamentarias continúan asfixiando os centros e seguen a reducir as posibilidades de levar unas políticas bibliotecarias que se adecúen á realidade do noso país"Bamad Galicia (Asociación de profesionais dos arquivos, bibliotecas, museos e centros de documentación) denuncia que "estas mínimas dotacións orzamentarias continúan asfixiando os centros e seguen a reducir as posibilidades de levar unas políticas bibliotecarias que se adecúen á realidade do noso país" e ante a "insuficiente dotación de persoal do Servizo de Bibliotecas e das bibliotecas dependentes da Xunta de Galicia" reclama "unha aposta forte por dotar de persoal profesional o servizo que dirixe a Rede de Bibliotecas de Galicia". Tamén sinala que "a partida de promoción da lectura e do libro debería ser maior e debería contemplar a promoción non só das bibliotecas senón de todo o ecosistema do libro contemplando a relación entre editoriais, librarías e bibliotecas".
Ningún comentario:
Publicar un comentario