Son convenios da Consellería de Política Social cos grandes medios galegos no segundo cuadrimestre deste ano. En menos de tres anos, o Goberno galego leva destinado para este fin dous millóns de euros. Utiliza a fórmula do convenio --a dedo-- e non a do contrato en contra do que recolle a Lei de Contratos do Sector Público para este tipo de axudas.
341.000 euros. Ese é o montante total que recibiron os medios de comunicación por publicitar o fomento da natalidade durante o segundo cuadrimestre deste ano.
Así, o DOG do 10 de outubro recolle estes convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Política Social no segundo cuadrimestre deste ano para "accións divulgativas e información vencellada ao fomento da natalidade nos medios de comunicación".
Como noutras ocasións, La Voz de Galicia é o medio que máis percibe, case a metade do conxunto desta axuda, 150.000 euros, vai para o xornal coruñés. En segundo lugar sitúase o Faro de Vigo con menos da metade, 68.373 €. A bastante máis distancia atópanse Progreso de Lugo, S.L. e La Región con 25.000 € e 21.000 € respectivamente. Tamén hai acordos coas radios de implantación galega -- Onda Cero, Cope e as distintas emisoras da Cadena Ser-- de entre 700 e 4.000 €.
“Outra volta, moita colaboración non vemos, máis aló de que a consellaría paga e o medio difunde unha campaña de publicidade institucional”, denuncia a CIG-Autonómica. “Queremos chamar a atención sobre o dispendio dos cartos públicos deste tipo de gastos e a falta de efectividade que supoñen; uns cartos que poderían ir destinados, por exemplo, a algo máis tanxible en fomentar a natalidade como é mellorar a rede pública de escolas infantís galegas”, engade.
Tres anos de campañas
As campañas de fomento da natalidade non son novas. A Xunta gastou en tres anos máis de dous millóns de euros en campañas publicitarias para fomentar a natalidade. Desde o 2013, destinou 508.132,94 euros, 263.553,72 e 495.867,77 en distintas campañas. A estes cartos hai que sumar o diñeiro dos dous primeiros cuadrimestres deste 2016.
Foi en abril de 2013 cando a Xunta aprobou en Consello o Plan de dinamización demográfica para frear o crecemento vexetativo negativo da poboación galega, cunha poboación moi avellentada e onde se segue producindo unha forte emigración da xente máis nova. Sen embargo, a principal medida para erradicar esta situación, a falla de políticas sólidas, é a da publicidade institucional. Un diñeiro que, na maior parte das ocasións, acaba nos bulsos dos grandes medios de comunicación e serve para tapar os seus buracos financieiros.
A través de convenio e non contrato
E, sobre todo, chama a atención o proceso elixido para este reparto. A Xunta non puxo en marcha unha licitación pública para contratar estes servizos. Fíxoo vía convenio. Iso significa que pode esquivar as obrigacións de publicidade -os detalles destes convenios non son públicos- e concorrencia -non se sabe quen foi convidado, por que, e como se estableceu a suma destinade a cada un deles-.
A Lei de Contratos do Sector Público establece (artigo 4.1.d) que están excluídos da súa aplicación “os convenios que, con arranxo ás normas específicas que os regulan, celebre a Administración con persoas físicas ou xurídicas suxeitas ao dereito privado, sempre que o seu obxecto non estea comprendido no dos contratos regulados nesta Lei ou en normas administrativas especiais”. Neste caso, o obxecto si está establecido na lei. En concreto, estariamos a falar de “servizos de publicidade”, establecidos desa forma no seu anexo II.
Así, o servizo debería adxudicarse vía contrato tal e como denuncia elboenuestrodecadadia. De feito, excepto neste caso, este tipo de servizos adxudícase vía contrato de forma recorrente. En Galicia e en toda España. E así se fixo en convocatorias anteriores para esta mesma campaña.

Ningún comentario:
Publicar un comentario