Sete parroquias galegas teñen na actualidade menos de 5 veciños. O 32% da poboación galega habita en zonas pouco poboadas que ocupan case o 94% do territorio.
Demograficamente, somos un país de contrastes
cada vez máis acentuados. O coñecido como eixo da AP9 marca a
concentración poboacional mentres se desertiza gran parte do país, tanto
pola caída da natalidade como pola emigración, quer a outras zonas de
Galiza, quer ao estranxeiro. Un de cada tres galegos vive no que se
coñece como zonas pouco poboadas (ZPP) e que representa case o 94% do territorio de Galiza. A gran maioría dos galegos 'amontonánomos' no 6% restante.
En Galiza hai 3.792 parroquias civís, que teñen a súa orixe nas parroquias eclesiásticas galegas. A despoboación ao longo destes anos deixa pegada en moitas delas, nalgunhas dun xeito realmente preocupante. Hai sete parroquias galegas que camiñan cara a ficar despoboadas, sen un só veciño a vivir nalgunha das aldeas que as integran. Coñeciamos, desde hai anos, o fenómeno das aldeas despoboadas, abandonadas. Mais non o das parroquias, o que supón un paso máis na desertización poboacional.
Na parroquia de Gueral, no concello de Coles, só viven cinco persoas. Nas parroquias de Cortegazas, Cantoña e A Albergueira (dos municipios de Avión, Baños de Molgas e Vilar de Barrio, respectivamente) xa só fican catro habitantes en cada unha.
Peor aínda son as espectativas nas parroquias de O Barón (San Amaro), San Vitoiro da Mezquita (A Merca) e Fontao (concello da Teixeira), onde nas súas aldeas e núcleos viven só tres veciños.
Abandono
En 855 aldeas galegas xa só vive un veciño. O despoboamento do rural galego tradúcese en desertización, abandono e perda. O máis que probábel destino destas 855 aldeas cun único veciño será engrosar a listaxe dos núcleos deshabitados. En Galiza, 1.669. O que supón 55 máis que no ano anterior, 2014, cando eran 1.614.
Contraste
O contraste con isto son as seis parroquias galegas que teñen máis de 50.000 habitantes. Son as parroquias da Coruña (213.934 persoas), Vigo, concello de Vugo (199.641), Ourense, con 99.299; Lugo, con 89.782; Santiago de Compostela, 79.511; e Pontevedra, parroquia do concello de Pontevedra, con 62.039.

Ningún comentario:
Publicar un comentario