O Concello de Lugo recibe unha importante doación particular de 5.000 libros e un milleiro de documentais e filmes de ficción.
A Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acompañada pola Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, recibiron este luns a Álvarez Patiño, quen asinou no Libro de Ouro do Concello, en presenza do coordinador de publicacións do Concello, Darío Xohán Cabana. A rexedora agradeceulle “esta xenerosa doazón, que tan fermoso agasallo lle fai ao pobo de Lugo”, da que unha parte xa está nas instalacións municipais, en concreto no Museo Interactivo da Historia de Lugo, en espera de incorporarse á nova biblioteca municipal, situada na Piringalla.
No caso de que este destino non fose posible nun tempo prudencial, o conxunto dos fondos bibliográficos e cinematográficos será traspasado sen dividir a outra biblioteca pública de Lugo, cidade na que naceu Francisco Álvarez, “desexando que sexa posta á disposición do público na súa integridade”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario