mércores, 19 de outubro de 2016

Un total de 75 centros educativos de A Coruña desenvolverán plans propios de formación permanente do profesorado

Un total de 75 centros da provincia de A Coruña desenvolverán este curso plans propios de formación permanente do profesorado, tal e como recolle a resolución publicada este martes pola Consellería de Educación, unha iniciativa que xa se desenvolve noutros 71 centros educativos.

Un total de 75 centros da provincia de A Coruña desenvolverán este curso plans propios de formación permanente do profesorado, tal e como recolle a resolución publicada este martes pola Consellería de Educación, unha iniciativa que xa se desenvolve noutros 71 centros educativos.
A consellería prestará o seu apoio económico e humano a estes plans de formación a través do Centro Autonómico de Formación e Innovación e dos centros de formación e recursos.
O obxectivo deste tipo de formación é que cada centro desenvolva actividades centradas nas súas necesidades, ao tempo que se propicia unha organización escolar que favoreza a transformación dos centros en organizacións capaces de aprender e xerar coñecementos.
Os plans centraranse en actualizar e perfeccionar as competencias profesionais dos docentes co fin de mellorar a calidade da educación e os resultados escolares do alumnado.
Na convocatoria actual, a liña de traballo prioritaria dos plans é a programación e avaliación de metodoloxías que favorecen a adquisición das competencias clave segundo os novos currículos.
Ademais, os plans poderán tratar unha das seguintes liñas: 'Planificación estratéxica das linguas no centro', 'Integración didáctica das TIC', 'Atención á diversidade e cambios metodolóxicos asociados', 'Convivencia escolar e clima da aula', 'Actualización científica e didáctica do profesorado', 'Mellora da xestión dos centros e dos procesos de calidade', 'Programas europeos e internacionais' e 'Biblioteca escolar, alfabetizacións múltiples e aprendizaxe por proxectos'.

Ningún comentario:

Publicar un comentario