-Estudantes de ambos centros de ensino sumáronse as protestas en contra esta ley -Piden a eliminación destas probas e salientan o seu "desconcerto e preocupación".
Os movementos en contra a Lomce e as súas reválidas tamén chegaron
aos centros educativos de Deza, pero exclusivamente á cabeceira
comarcal. Alumnado tanto do IES Laxeiro como do Ramón Mª Aller Ulloa de
Lalín botáronse a rúa para mostrar a súa disconformidade con esta nova
lei. Estudantes de ambos centros educativos apoiaron a convocatoria da
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, e desta forma, durante o
recreo, esixiron a derogación da lei e a eliminación destas probas que
van a ser fundamentais para entrar na universidade xa dende este ano.
Os alumnos do IES Laxeiro aproveitaron un dos tempos de lecer para reunirse as portas do instituto e ler en voz alta, apoiados por algúns dos seus profesores, un artigo publicado pola clase de Psicoloxía de segundo de Bacharelato no FARO DE VIGO. Ademais de ler o escrito no que mostran a seu "desconcerto e preocupación" sobre o "descoñecemento do tipo de proba que nos permitirá acceder a Universidade", Belén Taboada Ramos, alumna do centro e voz dos estudantes alí presentes, explicou a campaña que están promovendo varias alumnas dende este centro de ensino. Nesta iniciativa instan á todos a subir ás redes sociais unha foto baixo o lema #NinreválidasninLomce. A esta campaña xa se sumou xente de diferentes partes de Galicia, explican, e incluso o alcalde lalinense, Rafael Cuíña, e a concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, presente na protesta.
Pola súa parte, máis de unha trintena de estudantes do IES Ramón Aller Ulloa, partiron do instituto e percorreron as rúas de Lalín con unha pancarta na que se podía ler o mesmo lema co que pretenden encher as redes sociais, ao que se lle sumaba a frase : "Outra educación é posible". Os alumnos, principalmente de bacharelato, pasaron polas rúas máis céntricas do casco urbano lalinense protestando en contra desta nova lei e esixindo, como os seus compañeiros, a eliminación destas probas.
Porén, estos estudantes foron os únicos que se sumaron en Deza as
protestas convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino
Público, pois alumnos de outros centros como os do IES Pintor Colmeiro
de Silleda ou os do Marco do Camballón de Vila de Cruces, non se
sumaron, aínda que directores de ambos centros certifican que sí que
teñen unha proposta de convocatoroa para o próximo mércores día 26
promovida por parte do Sindicato de Estudiantes.
Os alumnos do IES Laxeiro aproveitaron un dos tempos de lecer para reunirse as portas do instituto e ler en voz alta, apoiados por algúns dos seus profesores, un artigo publicado pola clase de Psicoloxía de segundo de Bacharelato no FARO DE VIGO. Ademais de ler o escrito no que mostran a seu "desconcerto e preocupación" sobre o "descoñecemento do tipo de proba que nos permitirá acceder a Universidade", Belén Taboada Ramos, alumna do centro e voz dos estudantes alí presentes, explicou a campaña que están promovendo varias alumnas dende este centro de ensino. Nesta iniciativa instan á todos a subir ás redes sociais unha foto baixo o lema #NinreválidasninLomce. A esta campaña xa se sumou xente de diferentes partes de Galicia, explican, e incluso o alcalde lalinense, Rafael Cuíña, e a concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, presente na protesta.
Pola súa parte, máis de unha trintena de estudantes do IES Ramón Aller Ulloa, partiron do instituto e percorreron as rúas de Lalín con unha pancarta na que se podía ler o mesmo lema co que pretenden encher as redes sociais, ao que se lle sumaba a frase : "Outra educación é posible". Os alumnos, principalmente de bacharelato, pasaron polas rúas máis céntricas do casco urbano lalinense protestando en contra desta nova lei e esixindo, como os seus compañeiros, a eliminación destas probas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario