venres, 14 de outubro de 2016

Escolinha do Vilar vai à Comuna da Corunha para apresentar o seu projeto de reforma da antiga escola

A iniciativa de empoderamento colectivo para a transformación social falará da súa experiencia e o estado actual do proxecto no Centro Social Autoxestionado.
Contar cun espazo para fins educativos e sociocomunitarios que preste servizo as aldeas do concello de Negueira de Muñiz. Esta é o obxectivo que move a Escoliña de Vilar que tenta a transformación social a través do empoderamento colectivo.
Este colectivo explicará o estado actual do seu proxecto e as súas experiencias maña venres 14 de Outubro a partires das 20.00 horas no Centro Social Autoxestionado A Comuna (Verea do Polvorín, 35).
O edificio da escola, de máis dun século, vai acoller un proxecto comunitario baseado na confianza e no respeto cara as persoas e os seus ritmos de aprendizaxe. Non só as crianzas gozarán deste espazo senón que tamén esta plantexado para que sexa un punto de encontro para adultos que queren seguir aprendendo.
O proxecto foi financiado a través dun crowdfunding que chegou a reunir 15.340 euros destinados á compra de materiais na súa maior parte e ao pago de man de obra especializada nunha partida máis pequena xa que os que alí moran levarán a cabo gran parte das tarefas coas súas mans. Para rehabilitar o edificio era preciso: sustituir os chans de madeira, aillar o teito, renovar as fiestras e dotar on inmoble dunhas instalacións básicas.
Negueira de Muñíz, concello conformado por 17 vilas, está no Val do Río Navia e atópase aillado xeograficamente pola súa propia ubicación e pola ausencia de vías de comunicación. Agora mesmo é o concello de Galicia con menos habitantes (214 persoas) aínda que nos anos 50
superaba os 1000.
Día
Venres 14 de Outubro
Hora
20.00 horas
Lugar
Centro Social Autoxestionado A Comuna Verea do Polvorín 35

Ningún comentario:

Publicar un comentario