O sindicato nacionalista afirma que a Consellaría está utilizando as
inspeccións “como se dun corpo policial se tratase” a fin de interrogar
dun xeito intimidatorio os centros educativos sobre a realización do
referendo das reválidas.
CIG-Ensino
denuncia que a Consellería de Educación está a dirixirse aos centros de
ensino secundario a través de Inspección para obter información do
referendo sobre a Lomce que Erguer realizou o pasado 20 de outubro
nunha trintena de centros de 20 comarcas galegas. Consultas que, lembra
o sindicato nacionalista, tiveron lugar durante o recreo e sen que se
rexistrase nin un sí incidente.
“A Consellaría
interroga as direccións dos centros mediante unha batería de preguntas
que exceden da simple consulta para coñecer a realización ou non do
referendo no centro”, sostén a CIG, que cualifica de “conduta
intimidatoria e represiva” as preguntas que realiza Inspección. “É
inaceptábel e propio dunha
caza de bruxas que a Consellaría
use a inspección educativa para unha actuación policial en lugar de dedicar o tempo a outros cometidos”.
Gravidade
A central mantén que se está a preguntar se o profesorado e o equipo
directivo participaron ou non no referendo, para alén de solicitar a
relación do profesorado que participou .Para a CIG, estamos perante “un
salto cualitativo
na actitude represiva e autoritaria da Consellaría que procura calar as
voces críticas, que son maioritarias, en contra da LOMCE e das súas
reválidas”.
Ningún comentario:
Publicar un comentario