Véñeno denunciando (UNICEF, OXFAM, Cáritas, EAPN, centrais
sindicais...) dende hai anos sen que os poderes públicos lle presten
atención: as políticas de austeridade están afectando a un dos
colectivos mais vulnerables da sociedade como son os/as nenos/as,
producíndose cada vez mais casos de desnutrición e malos tratos. Galiza
non é unha excepción nin moito menos.
Na Unión Europea as alarmas soaron por primeira vez en Grecia, o estado europeo mais castigado –e con mais saña- polo austericidio. Pero logo trasladáronse a outros estados europeos do Sur (Portugal, España, Italia), chegando tamén a Galiza. Só era cuestión de tempo: do tempo que se mantiveran vixentes as políticas de austeridade. O Banco Central de Grecia sinalaba recentemente que a austeridade estaba tendo efectos terribles sobre a nenez grega, tales que a “mortalidade infantil se incrementou, en case un 50% -pasou do 2,65% ao 3,75%-, principalmente a causa das mortes de nenos menores de 1 ano e a diminución do número de nacementos (-22,1%). A porcentaxe de nenos con baixo peso –menos de 2,5 quilos- aumentou nun 19%” (KeepTalkingGreece.com / wallstreetitalia.com)
Nun recentísimo informe (UNICEF&OXFAM: “Un ano de Axenda 2030 en España: moito por facer”. Setembro 2016) entidades que traballan dende hai décadas con nenos sinalaban como “a pobreza que escalou a niveis alarmantes ao longo da crise económica, castiga de xeito particular aos nenos e nenas do noso país. En concreto …. en Galiza o 20% dos nenos galegos viven por baixo do umbra da pobreza”. Diagnóstico no que coinciden outras organizacións non menos relevantes na atención as familias en risco de exclusión. “A pobreza infantil medrou 6 puntos en Galicia dende o ano 2007 e supera xa o 22%” (Cáritas Galicia).
Se o número de galegos en risco de pobreza e exclusión supera de longo as 650.000, “a situación varia en función de perfís. Ao peche do 2013 o colectivo mais afectado era o dos mozos entre os 16 e os 30 anos, cun 33% en risco de pobreza e exclusión, seguido dos nenos, cun 31,9%. En total, a taxa de pobreza infantil para menores de 16 anos é do 26,7% seis puntos por riba do conxunto da poboación” (Rede europea de loita contra a pobreza e a exclusión social no estado español-EAPN). Estas entidades, que teñen demostrando abondo a súa fiabilidade e rigor, estannos dicindo que preto de 100.000 nenos/as son vítimas da pobreza infantil en Galiza.
Independentemente das diferenzas que poida haber nas cifras presentadas por diferentes organismos e entidades sociais todas coinciden en subliñar que hai un feito indiscutible en Galiza: hoxe por hoxe un elevado numero de nenos e nenas galegos/as viven por baixo do umbra da pobreza. Algo inaudito e inadmisible!. Non estamos a falar de ningún país do Sur, estamos a falar de Galiza, un país europeo!. Un país europeo onde hai nenos pobres que corren un grave risco de desnutrición, “Si, danse casos de malnutrición infantil na comarca” (Cáritas Interparroquial de Arousa), afirmación avalada, nada mais e nada menos, que polo Valedor do Pobo.
E por si isto non fora suficiente outras organizacións sociais galegas que traballan con nenos/as en dificultades comproban diariamente como dende que se iniciou a crise, e a cabalo da austeridade, medran os casos de maltrato infantil. “Un modelo socioeconómico que xera pobreza, desigualdade, exclusión, que deixa unha boa parte da poboación fora dunhas condicións de vida dignas” inflúe negativamente nos niveis de protección da infancia. “Coa porcentaxe dun 25,7% de persoas galegas en risco de pobreza ou exclusión social, cun 13,6% dos fogares con baixa intensidade laboral, a maioría con fillos e fillas, o lóxico é que … nos preguntemos se non será pouco menos que imposible protexer e coidar axeitadamente dos nenos e nenas neses fogares …. nos que non hai entrada de recursos para cubrir necesidades básicas: alimento, vivenda, vestido, educación” (Fundación Meniños. Tempos novos agosto 2016).
Imaxino que, como sucede sempre entre a clase política que nos goberna en Galiza (PP), haberá quen sinale, ben directamente ben por medio dos seus sicarios, que en outras comunidades españolas a situación é aínda peor. Probablemente que teñan razón, pero de que lles serve saber iso a estes nenos e nenas galegos?, cambia en algo a súa situación?
Volvendo ao que interesa. Tódalas organizacións citadas (UNICEF, OXFAM, Caritas, EAPN, Fundación Meniños, centrais sindicais galegas...) –as que eu, que as coñezo ben, concedo a máxima fiabilidade- amais de coincidir na gravidade da situación tamén coinciden a hora de sinalar as causas: as debilidades estruturais do sistema de protección en Galiza e en España. Unhas debilidades crónicas, sistémicas que se acentuaron coas políticas de austeridade e as reformas laborais. Unhas políticas que como vimos denunciando repetidamente neste medio, con tanta saña aplican os gobernos galego e español. Un gobernos e uns políticos aos que parecera non lles importe moito o que está a pasar entre a nenez galega e española.
Unhas reformas laborais que facilitan o despido e a rebaixa salarial –que sitúa a centos de miles de familias galegas, con fillos pequenos, ao borde da exclusión social por falta de recursos-, unha austeridade que supón fortes recortes do gasto nunhas funcións públicas de benestar xa de por si moi deficitarias –como por caso as funcións de atención a familia e a infancia, de desemprego e de exclusión social- no ensino público –que afecta ao ensino escolar e aos comedores escolares- e na sanidade pública –que eliminan o carácter universal da atención sanitaria pública, que deterioran a atención primaria-. Todas elas son froito de decisións políticas que, directa ou indirectamente, afectan negativamente aos colectivos mais vulnerables como por caso os/as nenos/as galegos/as.
Quizás cómpra recoller unhas recentes manifestacións da organización UNICEF referentes a nenez en España –perfectamente aplicables a Galiza-. “Cando se compara a situación da nenez coa doutros colectivos tradicionalmente vulnerables, como os maiores, os resultados non son menos preocupantes. Mentres os primeiros, viron a súa situación deteriorarse ao longo da crise, os segundos melloraron de maneira crecente a súa posición relativa con respecto a media, a miúdo reducindo os niveis de pobreza (….) no conxunto da OCDE, dende os anos 80 os riscos de pobreza foron desprazándose dos maiores aos mozos. Este resultado fala tanto da eficacia protectora do modelo de pensións” –Galiza é un claro exemplo- “como do fracaso dos mecanismos de protección dos nenos”.
Unha mostra práctica da pouca atención que lle dedicou a Xunta de Galiza (PP) nas dúas derradeiras lexislaturas con maioría absoluta do PP, está na escasísima actividade parlamentaria centrada na situación dos/as nenos/as galegos/as. Coido que so unha vez, e por iniciativa da oposición (AGE) debateuse sobre este tema. E a resposta do titular do executivo (A. N. Feijoo) foi moi clarificadora da postura política da maioría conservadora sobre este grave problema. Segundo nos informaron os principais medios de comunicación galegos “A. N. Feijoo xulga apocalíptico dicir que hai nenos desnutridos na Galiza”.
Cando os gobernantes chegan a este grado de insensibilidade, ou de ignorancia sobre o que pasa no seu pais, quere dicir que urxe cambialos se esa sociedade non quere suicidarse.

Ningún comentario:
Publicar un comentario