Co obxectivo de
favorecer para o ensino novas tecnoloxías integradoras e
democráticas (cen por cen accesíbeis e cen por cen a prol da plena
inclusión) púxose en marcha o proxecto europeo KA204 GAMESP –
Physical and virtual Games for Education and social Insertion of
intellectually handicapped People, no marco da presente
convocatoria Erasmus+ 2016. A
iniciativa, por certo, está liderada pola Consellería de Cultura e
Educación da xunta. En termos máis concretos, o programa
encamíñase a tirar proveito das novas ferramentas e da robótica
para impulsar a inserción social de alumnas e alumnas con
diversidades intelectuais e cognitivas.
A primeira xuntanza
transfronteiriza do proxecto celebrouse esta semana que vimos de
deixar atrás no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Compostela,
e nela reuníronse os sete socios participantes, procedentes de cinco
países. Segundo informa Cultura e Educación, ao abeiro desta
iniciativa desenvolverase unha plataforma en liña e unha comunidade
virtual na que as persoas adultas coas devanditas diversidades e os
seus educadores poidan xogar, desenvolvendo “unidades de ensino”,
con ferramentas virtuais, “así como interactuar con robots reais
que teñan na casa ou no seu centro”. Ademais, o proxecto quere
involucrar os pais e nais nas actividades. A dita plataforma, entre
outras finalidades, permitirá controlar e programar un obxecto
físico ou un robot virtual realizado (tamén) para a ocasión e ao
abeiro deste proxecto.
A plataforma tamén
incluirá 10 unidades de ensino baseadas en xogos existentes e en
xogos novos, que poden ser creados a partir de adaptación para o
devandito.
Ningún comentario:
Publicar un comentario