Nas redes sociais utilizarán os hashtag #NonAoEreEnExtel e #QueremosGalego etiquetando co #1004Responde e @movistar_es
Na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando en canto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo. Desde o estoupido da crise, as grandes empresas incrementaron a deslocalización dos servizos de atención cara a terceiros países. En Galiza, esta deslocalización acompañada de despedimentos agravouse polo uso exclusivo do castelán nas relacións comerciais. Só entre os ano 2010 e 2012 destruíronse máis de 2040 postos de traballo, que se manterían en Galiza de existir opción de galego ao ser o persoal de Galiza o mellor cualificado para ofrecelo.
No caso concreto de Extel, empresa dedicada a atender o servizo 1004 de información ao cliente de Movistar, un ERE contempla o despedimento de 205 traballadoras e traballadores da Coruña. Este ERE responde a unha clara estratexia de deslocalización que pasa por desmantelar o centro de Galiza e cubrir o 1004 desde Bucaramanga, en Colombia, onde xa comezaron a atender as chamadas.
A Mesa e as representantes da CIG, CXT, UXT e CCOO en Extel acordaron unha serie de accións conxuntas encamiñadas a que Movistar garanta o total dos empregos na Coruña, imprescindíbeis para garantir a opción da atención en galego.
As accións conxuntas acordadas entre as centrais sindicais e A Mesa foron as seguintes:
1º- Chamadas masivas ao 1004 solicitando atención en galego: o vindeiro venres 14 de outubro de 10 a 11 da mañá e de 5 a 6 da tarde, coincidindo coa folga convocada en Extel.
2º- Ese mesmo día, venres 14, na mesma franxa horaria (10 a 11 da maña e 5 a 6 da tarde) realizarase unha acción nas redes socias facendo uso dos hashtag #NonAoEreEnExtel #QueremosGalego, etiquetando co HT #1004Responde e @movistar_es
3º-Pedirlle a todos os concellos galegos que aproben mocións onde lle soliciten a movistar atención en galego e a súa disposición de se mudaren a compañías que si dean esta opción.
4º- Continuar nesta liña de traballo conxunto e prolongar estes encontros no tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario