venres, 7 de outubro de 2016

O IES Laxeiro recibe hoxe a visita do escritor Manuel Rivas

Manuel Rivas será o invitado de honra hoxe no IES Laxeiro, de Lalín. A comunidade educativa ultimaba onte os detalles para agasallar e sorprender ao escritor galego, que será recibido ás 11:00 horas coa música dun grupo de cámara. A continuación manterá un encontro con alumnos de primeiro e segundo de Bacharelato e despois fará o propio cos de primeiro e segundo de ESO. Entre medias, Rivas descubrirá unha placa co seu nome no salón de actos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario