1. Son un modelo pedagóxico arcaico. As
reválidas son a expresión dun modelo pedagóxico baseado nunha sucesión
continua de exames configurados como barreiras que pretenden impedir á
maior cantidade posible de alumnado que poida exercer o dereito á
educación. Foron eliminadas no noso país en 1970 por ser consideradas
unha nefasta práctica que impedía a permanencia na educación da maioría
do alumnado.
2. Os nosos fillos e fillas quedan fóra do sistema educativo. As
reválidas terán como consecuencia directa que unha boa parte do
alumnado, aínda que teña todos os cursos superados, quede fóra do
sistema educativo. Sen títulos aos que ten dereito, o seu futuro
académico e laboral verase gravemente afectado.
3. Deslexitiman ao docente. As reválidas supoñen a deslixitimación do docente e o cuestionamento total da súa avaliación continua. A súa función queda minusvalorada e posta en cuestión ata que un exame externo corrobore, se é que o fai, que a súa avaliación é correcta. Ademais, fan empregar un tempo valioso na súa preparación, obrigando a desvirtuar os obxectivos primordiais da educación.

Ningún comentario:
Publicar un comentario