As organizacións que integran a
Plataforma en Defensa do Ensino Público consideran que a xornada de
mobilización do mércores, día 26 de outubro, motivou a decisión de
Mariano Rajoy de anunciar a fin das reválidas da LOMCE. A comunidade
educativa «volveu falar democraticamente», sinala a Plataforma. A
contestación social contra as reválidas e a LOMCE foi un «éxito
absoluto»: un 98 % de seguimento da folga en secundaria e case un 70 %
en infantil e primaria. Aulas baleiras. Rúas cheas. «Onte matamos as
reválidas e mañá remataremos coa LOMCE», sentencian desde a Plataforma.
O alumnado e as familias «lograron de
sobra o seu obxectivo»: Rajoy vese obrigado a anunciar que as reválidas
non terán carácter académico. Para cumprir co que di, debe derrogar o
Real decreto 310/2016. As organizacións que integran a Plataforma
felicitan de xeito especial as organizacións estudantís (SE) e o
movemento asociativo de nais e pais (CONFAPA-Galicia), polo «éxito
indubidable» do seu chamamento a baleirar as aulas. Tamén o profesorado
pola súa colaboración no éxito desta xornada. Ven na convocatoria «un
triunfo» das organizacións da Plataforma en Defensa do Ensino Público de
Galicia, das que partiu a iniciativa de convocar esta «histórica»
xornada de loita.
CONFAPA, CCOO-Ensino, FEsP-UGT, IESGA, SE, Escola Viva e STEG instan a Consellaría de Educación e o Parlamento galego a que «tomen nota» do acontecido onte e xestionen o sentir da comunidade educativa galega. «Aos grupos políticos que nos apoiaron pedímoslles que cumpran os seus compromisos con esta Plataforma e promovan iniciativas no Parlamento galego e español que acaben de vez co sufrimento de alumnado, familias e docentes, e que comecen o camiño da derrogación da LOMCE e dos recortes», conclúen desde a Plataforma.

Ningún comentario:
Publicar un comentario