Estudantes e docentes concentrárone contra a Lomce en numerosos centros de ensino de toda GaliciaDurante o recreo, foron moitos os puntos nos que se concentraron alumnos e docentes para posicionarse contra a normativa. "Nin reválidas, nin Lomce", rezaban a maioría de pancartas que luciron nos diferentes centros educativos.
Ademais, e tamén neste xoves, a organización estudantil Erguer levou a cabo en máis de 30 centros de ensino medio de 20 comarcas un referendo no que o alumnado tivo a oportunidade de votar si ou non á Lomce. O obxectivo deste sindicato é "demostrar cal é a opinión real do colectivo máis afectado por unha lei cociñada co gran capital e sen telo en conta".
A organización estudantil Erguer organizou referendos sobre a Lomce en diferentes institutos de vinte comarcasMalia que o futuro da Lomce parecía curto tras a perda da maioría absoluta do PP, tanto a norma como as reválidas seguen adiante malia o rexeitamento frontal da comunidade educativa e das autonomías non gobernadas polo PP. O Executivo central deixou claro que os alumnos de 4º da ESO e 2º de Bacharelato terán que afrontar en xuño as reválidas, sen efectos académicos aínda pero si necesaria para poder acceder á Universidade. Unhas probas que, no caso de Primaria, sufriron un maioritario boicot impulsado por familias e sindicatos en Galicia, onde a mobilización contra a nova lei educativa é moi activa.
O portavoz da PGDEP, Anxo Louzao, que participou nunha en Compostela, amosou a súa preocupación porque a estas alturas o conselleiro de Educación “non asuma a súa responsabilidade, como máxima autoridade educativa na Galiza, e que chegue mesmo a afirmar que non hai por que estar preocupados porque a reválida será moi semellante á actual selectividade”.
"É un acto de insensatez e inconsciencia”, xa que no decreto aprobado o 30 de xullo, aclarou, a Administración central dáse de prazo até o 30 de novembro para presentar o deseño, características e contido das futuras reválidas de ESO e de segundo de bacharelato. “Reválidas que van ser determinantes para a consecución dos títulos respectivos porque sen aprobalas non se vai ter nin o graduado en educación secundaria nin o título de bacharel”, denunciou.
A plataforma pide, como mínimo, a paralización da Lomce e das reválidas para "continuar coa actual selectividade"Con todo, matizou que para este curso non terán valor académico pero si para 2018 e, alertou de que en todo caso, xa van substituír a selectividade este curso, co que “o alumnado xógase o seu futuro académico cunha probas que non sabe en que van consistir” .
Louzao entende que "o máis razoábel" sería, como mínimo, a paralización da LOMCE e das reválidas e "continuar coas actuais probas de acceso á Universidade (PAU), tendo en conta que até o segundo trimestre nin se saberá en que van consistir estes exames".
http://praza.gal/galeria/224/mobilizacions-contra-a-lomce-e-as-revalidas/
Ningún comentario:
Publicar un comentario