O colectivo Movemento Dezao polo Ensino
Público (Modep) manifesta o seu apoio ás iniciativas que promove a
Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en contra das reválidas e
doutras cuestións que expón a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade
Educativa (Lomce). Así, anima aos alumnos, profesores e familias a
participar nas concentracións que terán lugar durante os recreos este
xoves, día 20, así como nos paros previstos para o vindeiro mércores,
día 26. Ademais, comina a todos os afectados a asinar na campaña de
recollida de signaturas que está activa na web da plataforma galega.
O Modep insiste en que existe certo empeño por implantar de forma
apresurada unha reforma que conta coa oposición de amplos "sectores
sociais e do ámbito educativo". Ademais, aínda está pendente de resolver
o RD 310/2016, que regula as reválidas. Por todo iso, a día de hoxe
conviven nos institutos dous tipos de alumnos, os que terminarán o
bacharelato por LÓEA e os que o farán coa Lomce.
Ningún comentario:
Publicar un comentario