Que as crianzas poidan coñecer Castelao e interactuar coa súa obra dunha
maneira divertida xa é unha realidade grazas á aplicación tecnolóxica
As viaxes de Castelao, que pode descargarse de maneira gratuíta desde a
web da Deputación de Pontevedra.
A
Deputación de Pontevedra
vén de lanzar unha aplicación educativa que ten como finalidade que o
público infantil coñeza Castelao e interactúe coa súa obra de maneira
lúdica. A través da ferramenta, poden crearse escenas, construír
historias e resolver quebracabezas arredor das etapas vitais do
escritor.
A APP permite, ademais, crear e compartir contidos xerados a través
deste instrumento desde calquera recuncho do mundo. A aplicación,
creada para tabletas e que estará dispoñíbel en IOS,
xurdiu no contexto do Ano Castelao. Na presentación, á que acudiron
máis de 30 persoas de centros educativos das distintas comarcas, Xosé
Leal, deputado de Cultura e Lingua, puxo de manifesto que
“introduciremos un recurso para a infancia co fin de que, a través das
novas tecnoloxías e dun xeito lúdico, poida coñecer a figura de
Castelao”.
O deputado nacionalista salientou que “este é o formato máis acaído
para os tempos actuais, xa que responde a unha necesidade que estamos
apreciando na sociedade”.
A aplicación foi creada pola empresa galega CreappContos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario