Primeira cesión de Rajoy para alcanzar a investidura, após as intensas mobilizacións da comunidade educativa, a última esta pasada cuarta feira. As reválidas contempladas na LOMCE fican parcialmente en suspenso. Non serán precisas para obter o título de bacharelato, mais si para acceder á Universidade.
Rajoy anunciou a supensión das reválidas a seguir unha intervención do portavoz do grupo parlamentar do PSOE, Antonio Hernando, en que lle demandaba este aceno político, presumibelmente froito da negociación política entre bastidores entre estes dous grupos políticos."As reválidas non terán efeitos académicos até se chegar ao pacto nacional pola educación que propuxen onte [pola cuarta feira]", dixo o líder conservador.
A posición de Rajoy foi, en todo caso, moi medida. A LOMCE non será derrogada e entrará en vigor, simplesmente hanse de paralisar os efeitos académicos das reválidas en tanto en canto non se lograr un pacto educativo, sen precedentes, coa oposición.
Aprobar o exame ao que se submeta o alunado de segundo de bacharelato non será preciso para obter o título, mais si para acceder á universidade.
Educación explicitou, por súa parte, que un real decreto modificará o calendario da LOMCE para adiar a data, 2018 na literalidade da lei, en que as reválidas irán ter valor académico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario