A riqueza por cabeza dos galegos caeu 4 puntos desde 2008.
Doce son os puntos que separa a renda per
capita dun galego a respecto da media española. Son 20.321 euros fronte
23.200, case 3.000 euros anuais menos. A renda per cápita galega é, así, o 88% da española.
Desde 2008, ano que se sitúa como de inicio da crise, cada galego
perdeu de media perto de catro puntos na súa riqueza. Son datos
macroeconómicos mais que son ben perceptíbeis no día a día:
empobrecemento salarial, perda de capacidade económica...
Galiza, que é o sexto territorio do Estado español canto a total de volume de PIB (perto de 56.000 millóns de euros en 2015), cae, porén, até o posto décimo-segundo se medimos a renda per cápita.
Mais a fenda non a temos só co Estado español, estamos tamén por baixo da media da Unión Europea. Os dados de Eurostat, a Oficina de estatística comunitaria dados a coñecer a mediados do presente ano, indicaban que se a media de renda per cápita na UE é 100, Galiza fica no 83% desa riqueza, o que significa 17 puntos menos.
Por comparar cos territorios da nosa contorna, Castela-León acada o 89%, Asturias o 84% e Cantabria o 86 por cento. Se a comparación facémola con Euskadi (122%), Madrid (128%) ou Catalunya (111%) a diferenza é abismal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario