A suspensión dos efectos académicos das reválidas xa estaban previstas para este curso no Real Decreto de finais de xullo"A avaliación final de Educación Secundaria Obrigatoria correspondente á convocatoria que se realice no ano 2017 non terá efectos académicos", di o Real Decreto de xullo respecto ás probas de ESO. No caso do Bacharelato, "unicamente se terá en conta para o acceso á Universiade, pero a súa superación non será necesaria para obter o título de Bacharel". O mesmo que dixo Rajoy, que só deixou aberta con ambigüidade a posibilidade de que esta excepción se estenda máis aló, pero pondo como límite un pacto educativo que prevé acadar antes. Nada novo.
Rajoy tamén deixou claro que non pensa derrogar a Lomce malia ter toda a comunidade educativa e a maioría do Parlamento en contraDe feito, o aínda presidente en funcións tamén quixo deixar claro que non vai derrogar a Lomce malia ter toda a comunidade educativa en contra e a pesar da petición de retirada da lei por parte de Podemos e das súas confluencias, do PSOE e de todos os partidos nacionalistas. Tan só Ciudadanos aceptaría mantela pero reformándoa.
En Galicia, plataformas pola educación pública, alumnos, sindicatos e asociacións de anpas atribúen esta apelación de Rajoy durante o debate de investidura ás mobilizacións contra a Lomce pero consideran "totalmente insuficiente" o anuncio. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) considera as palabras de Rajoy "un paso atrás" resultado "das múltiples e exitosas mobilizacións", pero lembran que o alumnado de Bacharelato "terá que sufrir unha proba para acceder á Universidade este curso, da que non coñece o seu contido, deseño e características". Porque iso non cambiou e mantense o que o BOE especificara xa hai tres meses para este curso.
Desde a outra plataforma, a Plataforma en Defensa do Ensino Público de Galicia (PDEPG), considérase que as mobilizacións, máis concretamente a última deste pasado 26 de outubro, "acabaron coas reválidas", aínda que a súa eliminación total non está nin moito menos asegurada aínda, malia que o camiño parece terse empezado.
Mesmo o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, celebrou que se deixasen sen efecto académico as reválidas, algo que ve "lóxico" menres non se consiga un pacto educativo no Estado. E chegou a agradecer que o Goberno central en funcións accedese a ese cambio, algo que solicitara a Xunta mediante carta cando xa estaba especificado así, polo menos para este curso, no Real Decreto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario