Iniciarán unha recollida de sinaturas na rede de apoio ás mocións. Solicitan aos concellos con contas en Movistar que exixan manter os postos de traballo e a atención no noso idioma.
A Mesa e o comité de empresa de Extel presentarán a todos os concellos de Galiza unha proposta de moción para que se posicionen polo mantemento dos postos de traballo no sector da teleatención no noso país e da atención en galego. Na última década os centros de atención á clientela na Galiza foron pechando en canto as empresas centralizaron o servizo en grandes centros de traballo e impulsaron a deslocalización dos servizos de atención cara a terceiros países. Só entre os ano 2010 e 2012 destruíronse máis de 2040 postos de traballo, que se manterían en Galiza de existir opción de galego ao ser o persoal de Galiza o mellor cualificado para ofrecelo.A moción xa foi remitida a concellos, FEGAMP e partidos. Nela solicítase que se manifeste o apoio aos traballadores de Extel, sometidos a un ERE, e que se reclame a Movistar (aqueles municipios que operen con ela) que garanta os postos de traballo na Coruña e por tanto a atención en galego. De non atender a demanda, indícase na moción, o concello trasladará a súa oferta a calquera outra compañía que garantir a atención en galego desde Galiza.
Ademais comezarán un proceso de recollida de sinaturas tanto nas rúas de toda Galiza como a través da rede, solicitando o apoio cidadán á moción.
Ningún comentario:
Publicar un comentario