luns, 10 de outubro de 2016

A Consellaría do Mar edita un libro en castelán destinado ás crianzas para que coman peixe

Malia que só dúas de cada dez crianzas se comunican en galego, a Consellaría do Mar difunde entre os colexios públicos galegos o libro en castelán “Los Arroases. Su primera aventura” para difundir a importancia de comeren peixe.

Este curso regresaron as aulas as aventuras dos Arroases, un grupo nenos e nenas que viron a luz en 2010 no marco da campaña “O sabor da aventura está no mar”, unha iniciativa da Consellaría do Mar para lles transmitir ás crianzas a importancia de introducir peixes e mariscos na dieta.
14601105_1230980246974448_5144372365615666227_n (1)Os arroases, que vinculan a sardiña, o xurelo, o rodaballo, o mexillón, a troita, o lirio e a pescada con superpoderes, veñen de cobrar vida no audiovisual, cuns debuxos animados, e tamén foron representados en obras teatrais e estampados en libros. Aínda que existe unha versión dixital e en papel do libro, a Xunta de Galiza está a distribuír nos centros de ensino públicos os contos en castelán baixo o título Los Arroases. Su primera aventura.
Exclusión do galego no ensino
Este libro en castelán, co que a Consellaría do Mar achega ao alumnado os valores nutritivos dos produtos do mar, foi distribuído esta sexta feira en colexios de Vigo. Precisamente, esta semana coñeciamos, da man da Revista Galega de Educación, uns dados que reflicten a precaria situación da lingua galega entre as crianzas.
A publicación, que pon no foco a exclusión da lingua galega na etapa infantil, advirte de que só dous de cada dez crianzas falan en galego cos seus amigos e amigas e alerta do “momento realmente malo” que está atravesando o galego debido ao chamado Decreto do plurilingüismo, que reduce a presenza do idioma propio no ensino e mesmo o prohibe en materias da área científica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario