Na presentación do informe, Segundo Píriz (presidente de Crue) destacou que "a crise segue completamente presente nas finanzas universitarias", subliñando que "o gasto de España en educación superior, medido como porcentaxe do PIB, é inferior á media da Unión Europea e da OCDE e, ao contrario do acaecido en moitos destes países desenvolvidos, retrocedeu nos anos de crise un 17% desde 2010 até 2014". Para Píriz, en concreto, "a redución do financiamento da investigación xerou unha situación de verdadeira emerxencia. Con retrocesos do 47% do financiamento privado e do 21% na de orixe pública, está a descomporse o noso sistema de ciencia e tecnoloxía e repercutirá a curto, medio e longo prazo no noso nivel de competitividade, onde España non deixa de retroceder, e na calidade do emprego que se crea no noso país".
En Galicia o financiamento público autonómico das tres universidades caeu un 5% dende o 2010As dificultades e carencias de financiamento que sofren as universidades tiveron efectos, sobre todo, no capítulo de persoal. Como sinalou Píriz, "as universidades perdemos moitos recursos humanos, máis de 7.500 empregos, dos cales 3.486 foron de profesores e 4.068 do persoal de administración e servizos. É unha perdida moi grave, sobre todo por que non foi posible repola con captación de talento novo e de excelencia, talento que foi condenado a expatriarse".
En Galicia o financiamento público autonómico das tres universidades caeu un 5% dende o 2010 (un 18% no conxunto do Estado) e a recadación polo cobro de taxas e prezos públicos descendeu outro 6% (fronte a un crecemento medio en España do 36%). En 2014, o financiamento por estudante situouse nos 7.043 euros, por riba da media española (6.647 euros), pero a gran distancia de La Rioja, Euskadi, Navarra ou Cantabria e un pouco por debaixo da Comunidade Valenciana ou Cataluña. En consecuencia, no período 2010-14, o gasto das universidades galegas caeu case un 14% (o cuarto maior descenso, tras Castela-A Mancha, Cataluña, Madrid e Aragón), reducíndose os gastos en investigación un 18%.
Galicia continúa a ser a comunidade con prezos de matrícula máis reducidos (713 euros en 2014, fronte a unha media de 1.110 no conxunto de España)Píriz sinalou, igualmente, que "os prezos públicos dos nosos ensinos universitarios están entre os máis elevados de Europa e o noso sistema de bolsas sitúase entre os máis débiles e insuficientes dos países da OCDE". "Nada pode xustificar esta situación que atenta contra a igualdade de oportunidades e favorece a exclusión. Esta é a primeira entre as prioridades a abordar, agora que parece que a recuperación é un feito", dixo. Neste senso, cómpre sinalar que Galicia continúa a ser a comunidade con prezos de matrícula máis reducidos (713 euros en 2014, fronte a unha media de 1.110 no conxunto de España). Dende 2010 é tamén a autonomía na que menos subiron (tan só un 5,1%), mentres que en Cataluña ascenderon un 158%, en Madrid un 117% e en Castela-A Mancha un 90%. Galicia é o segundo territorio no que o pagamento dos estudos supón un esforzo menor para a economía persoal, só por detrás de Euskadi.
As axudas ao estudo no curso 2014-2015 roldan unha media per cápita de 2.618 euros, un 29% menos que no curso 2009-2010 (3.378 euros)Peor comportamento tiveron en Galicia as bolsas e axudas ao estudo, que no curso 2014-2015 roldan unha media per cápita de 2.618 euros, un 29% menos que no curso 2009-2010 (3.378 euros). No 2015 foron concedidas en Galicia un total de 15.035 bolsas a estudantes de 1º e 2º ciclo e grao, sobre un total de 23.014 solicitudes (un 65,23% de demandas aceptadas). O coeficiente de aceptación de solicitudes era lixeiramente superior anos atrás: no curso 2008-09 concedéronse 15.188 bolsas (un 65,7%) e no 2006-07 aceptáronse 10.610 (un 67,4%).
Ningún comentario:
Publicar un comentario