martes, 25 de outubro de 2016

O museo Ramón Aller Ulloa acolle hoxe unha charla sobre a Lomce

O museo municipal Ramón Mª Aller Ulloa acolle hoxe ás 20.30 horas unha charla sobre a Lomce. O Movevemento Ensino público Dezao convoca o acto no que se explicará por que motivo o estudiantado móstrase en contra desta lei educativa. No acto falarán Belén Taboada Ramos, alumna de segundo de bacharel do IES Laxeiro e o secretario da Xunta de persoal docente de Pontevedra, Xabier Rodríguez Paz. Este acto continúa as mostras de desconformidade dos estudantes lalinenses tras as protestas celebradas a semana pasada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario