A Deputación lucense e o Concello da cidade colaboraron na edición dunha axenda que, coordinada polos docentes Felisa Redondo e Miguel Ángel Martínez, aposta por "dar a coñecer os perfís" destas mulleres referentes entre a poboación máis nova. "A través desta axenda fomentamos e reivindicamos a igualdade entre homes e mulleres" mediante "o coñecemento da vida de homes e mulleres que participaron e participan activamente no devir da historia da provincia e do país", sinalou durante a entrega o vicepresidente da entidade provincial, Álvaro Santos, responsable da área de Igualdadae da Deputación.
"Tanto as Administracións como a cidadanía temos a obriga de loitar para conseguir a igualdade de pleno dereito, porque é un valor esencial e porque é cousa de todos", agrega a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, quen durante o acto co estudantado do Ánxel Fole subliñou que a educación debe ser un eixo esencial neste eido. "A sociedade -di- non pode renunciar ao que achega a muller".
O alumnado do IES Ánxel Fole escolleu a escritora e profesora Carmen Blanco como protagonista da axenda para "achegar a visión feminista que se desprende da súa vida e obra"Visións coma estas, afirman ambos responsables institucionais, son as que fican reflectidas nunha publicación que ten este ano como protagonista, ademais das mulleres do rueiro de Lugo, á profesora e escritora Carmen Blanco, que tamén participou no acto deste mércores. A escolla de Blanco por parte do alumnado, din, ten a intención de "achegar a visión feminista que se desprende da súa vida e da súa obra". A autora, lembran, publicou "grandes ensaios sobre a liberdade das mulleres e dos h omes fronte a todos os poderes".
Así, na entrevista con Carmen Blanco que ocupa as primeiras páxinas da axenda estudantes do Ánxel Fole conversan coa escritora a respecto do feminismo, dos modelos de parella, do papel da muller na literatura ou do seu labor profesional. Textos de autoras como Ana Romaní e Luz Pozo Garza e resumos das actividades realizadas a prol da igualdade realizadas no instituto durante o pasado curso completan esta axenda escolar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario