O STEG pide ao novo ministro que cambie a política educativa para mellorar o ensino.
Ao novo ministro de Educación, Iñigo Méndez de
Vigo, pedímoslle que inicie o seu mandato coa apertura de canles de
comunicación coa comunidade educativa, dando un cambio radical ás
nefastas políticas que se veñen aplicado, se non quere ser un mero
continuador das levadas a cabo polo seu antecesor no cargo.
Pese ao pouco tempo que terá de mandato, pode facer cambios significativos na política educativa do MEC. Podería empezar por reunir á Conferencia Sectorial de Educación, escoitar o que di a maioría de Comunidades do Estado e paralizar a aplicación da LOMCE; hai razóns técnicas e, as máis importantes, de mellora da calidade do ensino que fan necesaria esta medida.
E tamén reunir á Mesa de Negociación de Educación e falar coa representación do profesorado e acordar a derrogación do Real Decreto 14/2012 de Medidas Urxentes de Racionalización do Gasto Público no Ámbito Educativo (o dos recortes, o que subiu as ratios e as horas lectivas...), o Real Decreto que empeorou as condicións nas que o alumnado recibe as súas clases e nas que o profesorado as imparte, e que propiciou durante a época Wert o despedimento de preto de 40.000 profesoras e profesores en todo o Estado.
E cambiar a política universitaria, empezando polas becas, a acreditación do profesorado, acabando coa facilidade para crear universidades privadas... Aplicando medidas para recuperar aos máis de 80.000 mozos e mozas que abandonaron os estudos universitarios.
O STEG, que non confía nas políticas do PP, pero si confía en que as loitas destes anos e os resultados electorais que vai cosechando o PP lles fagan reformularse as súas políticas e as súas actuacións e comecen polo Ministerio de Educación, Ministerio que ten a dubidosa honra de manter á súa fronte durante tres anos e medio ao Ministro peor valorado da historia.

Permanente do Secretariado Nacional do STEG
Ningún comentario:
Publicar un comentario