xoves, 25 de xuño de 2015

A ONU avaliará as denuncias por “discriminación” contra o galego

O secretario xeral da Rede Europea para a Igualdade das Linguas (ELEN), Davyth Hicks, xa destacou hai uns días que, "considerando a gran cantidade de probas detalladas no relatorio, é evidente que a discriminación contra as linguas diferentes do español é sistemática no Estado español e que esta discriminación se tornou institucionalizada".
Por iso, anunciou que, tras a denuncia na ONU, "ELEN vai chamar á UE a abrir un proceso sobre España por violación da Carta de dereitos fundamentais".
A Mesa pola Normalización Lingüística estará presente nesta sesión  tras a presentación en xaneiro, ante o Consello, para o seu exame periódico universal, dunha relación onde se concretaban as vulneracións máis graves dos dereitos humanos polo simple feito de utilizar a lingua propia.
Máis información en Galicia Confidencial ou Faro de Vigo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario