A secretaria de Muller e Cooperación, Mabel Pérez Simal, presenta a nova "Guía para un uso da linguaxe non sexista nas relacións laborais e no ámbito sindical" hoxe en Compostela.
O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO) presentou
este luns , día 22 de xuño, a Guía para un uso da linguaxe non sexista
nas relacións laborais e no ámbito sindical. Este traballo foi dado a
coñecer publicamente nunha conferencia de prensa na que participaron a
secretaria de Muller e Cooperación, Mabel Pérez Simal, xunto con dúas
profesoras da Universidade de Santiago de Compostela, Marisol López
Martínez (Filoloxía Galega) e Concha Mas Álvarez (Ciencias da
Educación).
Segundo a secretaria de Muller e Cooperación, «a lingua non é sexista»,
mais si o é «o emprego que facemos dela». A linguaxe é dinámica «e
evoluciona de contino e ten moitas posibilidades para se adaptar aos
cambios que demanda a sociedade». Para isto, cómpre «asumirmos como
tarefa e obriga o uso non discriminatorio da linguaxe por razón de sexo,
de xeito que homes e mulleres se atopen representados de maneira
igualitaria nas nosas propostas e na nosa acción sindical».
Mabel Pérez Simal coida que esta guía será de utilidade para as
delegadas e delegados do sindicato —o seu público principal—, pero tamén
suscitará o interese para o resto da poboación, xa que contén numerosos
exemplos, consellos e pautas cuxa aplicación é válida noutros ámbitos,
como os medios de comunicación, o ensino, o mundo do dereito ou a
Administración.
Ningún comentario:
Publicar un comentario