martes, 16 de xuño de 2015

Galiza continúa a perder poboación nova

As variacións rexistradas nos padróns municipais publicadas polo INE describen unha foto fixa na demografía galega. 2.279 residentes menos, 15.926 menores de 35 na emigración.

A crise demográfica na Galiza non cesa. Segundo os dados publicados polo INE esta segunda feira (15 de xuño) o país continúa a perder poboación. No concreto, residentes. Segundo as cifras oficiais en 2014 os padróns municipais rexistraron unha variación de 2.279 residentes menos en relación ao ano anterior.
O dado tradúcese na diferenza entre as 88.396 altas e as 90.675 baixas e resulta a segunda peor cifra desde 1998 após alcanzar as 2.833 persoas o pasado ano.
No cerne da cuestión sitúase de novo a migración xuvenil pois, das 19.862 persoas que marcharon para se incribiren noutros territorios do Estado español, o 55% eran menores de 35 anos. Isto é, 19.862 persoas. Este movemento interior aumentou, aliás, a respeito de 2013 pois rexistráronse 892 persoas máis.
Pola contra, o número de persoas que migraron cara ao extranxeiro --principalmente Europa-- reduciuse en 1.447 pasando de 11.739 en 2013 a 10.292 o pasado ano. Así as cousas, a tendenza mantense sendo que o 48,4% das persoas que se inscribiron noutros países tiñan menos de 35 anos (4.989 de 10.292, segundo o INE).

Ningún comentario:

Publicar un comentario