probas de acceso á universidade
Case o 92 por cento dos alumnos que se presentaron ás probas de acceso á universidade na fase xeral conseguiu aprobar, segundo os datos facilitados pola Comisión interuniversitaria de Galicia (Ciug).
En total, unhas 10.572 persoas participaron na selectividade en Galicia, aproximadamente un 99,4 por cento dos matriculados, das que 9.376 o han feito en fase xeral.
Finalmente, resultaron aptos 8.610 alumnos, o que supón unha porcentaxe de aprobados que ascende ao 91,83 por cento na convocatoria das PAU do mes de xuño.
Nas mesmas probas do ano 2014, o 90 por cento dos aspirantes conseguiu superar as probas, 8.317 dos 9.208 aspirantes presentáronse á fase xeral.
Este exercicio presentáronse 2.274 persoas en Vigo, 2.261 en Santiago de Compostela e na Coruña unhas 1.961. Tamén houbo 676 matriculados en Ferrol, 900 en Lugo, 1.060 en Pontevedra, 238 en Viveiro, 998 en Ourense, 134 en A Rúa e 125 en Cee.
Ningún comentario:
Publicar un comentario