O instituto reclamaba esta formación desde hai 12 anos -O Pintor Colmeiro ofrece o próximo curso un ciclo básico de servizos comerciais -A zona suma 20 especialidades.
O novo ciclo do Camballón empezará cun aforamento de 25 prazas e supón "un apoio decidido por este instituto, e unha máis que boa noticia, porque supón o fin de 12 anos loitando por este ciclo", en palabras do alcalde, Jesús Otero. A oferta do Camballón complétase con outro ciclo medio, o de Soldadura e caldeiraría, e o ciclo básico de Servizos administrativos, con 22 e 20 prazas, respectivamente. Sen dúbida, este ciclo de atención a dependentes suporá un revulsivo para o centro e o municipio, en vista de que unha das profesións con máis demanda de man de obra é o coidado de persoas maiores.
Non se trata da única novidade na oferta de formación profesional na comarca. A coñecida como formación profesional básica, que se implantou o presente curso como substituta dos Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI) foi denegada ao IES Pintor Colmeiro por falta de solicitudes. Pois ben, para o curso que vén o centro trasdezano contará cun ciclo básico de Servizos comerciais, con 20 prazas. Este ensino súmase a dous ciclos medios, o de Actividades comerciais (30 prazas) e de Condución de actividades físico-deportivas non medio rural (22), así como o ciclo superior de Xestión de vendas e espazos comerciais (30 prazas).
En Deza e Tabeirós-Montes cóntase, en total, con 20 especialidades de FP. O IES Laxeiro, de Lalín, imparte o ciclo básico de Electricidade e electrónica, o tres ciclos medios de Electromecánica de automóbiles; Instalacións eléctricas e automáticas e Xestión administrativa, así como os superiores de Administración e finanzas e Mecatrónica industrial. No Aller Ulloa ofrécense o ciclo básico de Informática de oficina, o medio de Sistemas microinformáticos e redes e o superior de Desenvolvemento de aplicacións web. En canto a Tabeirós, desde o IES Antón Losada, da Estrada, impártense os dous básicos de Mantemento de vehículos e Servizos administrativos; o catro medios de Carpintería; Electromecánica; Instalacións de telecomunicacións e Sistemas microinformáticos, e o superior de Administración e finanzas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario