mércores, 17 de xuño de 2015

Eco-campamento Alvarella 2015 oferta descontos a socias e socios da Mesa

Preinscripcións abertas até o 1 de xullo. Solicita praza no 981 78 45 63.
 
Os eco-campamentos de verán en Alvarella (Pontedeume) forman parte dun amplo proxecto de educación ambiental e valorización do noso patrimonio, onde nenas e nenos, mozas e mozos, aprenden a protexer o medio ambiente, e a coñecer a cultura e o patrimonio do país utilizando a nosa lingua.
Este verán realizarase unha quenda de 7 días, do 5 ao 11 de xuño, para nenas e nenos de 7 a 13 anos (máximo 50).
O prezo para socias e socios da Mesa é de 295€. Para non socias e socios, de 325€
Nos dous casos contan cun 10% de desconto para a segunda/o irmá/n.
As preinscripcións están aberta até o 1 de xullo no teléfono 981 78 45 63
Máis información en :
www.alvarella.com
DIPTICO eco campa 2015 PDF
ECOcamp Alvarella documentacion PDF
Arquivos anexos a descargar:

Ningún comentario:

Publicar un comentario