venres, 19 de xuño de 2015

O Parlamento de Galicia insta a Xunta a que negocie co Goberno de Castela e León para fomentar o ensino do galego no Bierzo

O Parlamento insiste á Xunta nun pacto coa Junta para potenciar o galego no Bierzo

Búscase que se implementen medidas que melloren a oferta en horario lectivo no bacharelato

O Parlamento de Galicia instará á Xunta a avanzar no proceso de dialogo coa Xunta de Castela e León co fin de potenciar o ensino en lingua galega no Bierzo, tras a aprobación por unanimidade dunha proposición non de lei do BNG.

Neste sentido, búscase que se implementen medidas que apoien e melloren a oferta de lingua galega, sen discriminación con outras materias, en todos os tramos do sistema educativo, singularmente no horario lectivo do bacharelato.

A deputada nacionalista Ana Pontón valorou o apoio unánime dos grupos e insistiu en que este acordo debe contar con "medidas concretas e programas de promoción e difusión" da lingua galega con "estabilidade", ademais de con apoio institucional.

Ningún comentario:

Publicar un comentario