UNHA PROFESORA E UN ALUMNO EXPLICAN A SITUACIÓN.
“Pode ser a morte para o galego” sinala a profesora de Vilafranca Mª Xosé Taibo. “Quen queira estudar galego será discriminado”, explica o alumno Daniel Bernardo Vivero. Achegámonos da súa man ao que pode significar na práctica a reforma que a Junta de Castilla y León anuncia para o vindeiro curso.
Na comunidade educativa implicada coa promoción do galego no Bierzo están á expectativa dos movementos do novo goberno da Junta de Castilla y León mais, malia iso, estanse a mover porque o tempo corre en contra e as matrículas poden rematar coa práctica desaparición do alumnado de galego. Sobre a mesa, o novo executivo atopará os efectos da próxima aplicación Lomce co cambio nas materias de Linga e Cultura Galega no Bacharelato que pasan a ser de libre configuración autonómica, é dicir, o alumnado que opte polas cursar terá que facer 3 e 4 horas máis en 1º e 2º de bacharelato, fóra do horario lectivo co cal non terían acceso ao transporte escolar.“A maior parte do alumando non pode vir a esas horas. Significaría erguerse ás seis da mañá e que os seus pais os traian ao centro”, explica Mª Xosé Taibo“Eu conto quedar só con Daniel Bernardo Vivero como alumno porque tanto el como a súa familia están moi concienciados. De non ser así, ninguén asumiría os custes que supón, erguerse moito antes para chegar ás aulas e buscar o transporte pola súa conta”, explica Mª Xosé Taibo, profesora de galego en Vilafranca. No seu centro as aulas comezan ás nove menos vinte mais ela terá que impartir galego ás oito menos cuarto, unha hora antes de que o alumnado chegue ao instituto. “A maior parte do alumando non pode vir a esas horas. Significaría erguerse ás seis da mañá e que os seus pais os traian ao centro”, explica.
De 14 a 1 alumno na aula
“Se hai vontade política pódese modificar por iso a semana que vén será crucial, co inicio das matrículas e o novo goberno no horizonte próximo”, apunta Mª Xosé Taibo que aventura que a cifra de 1000 alumnos e alumnas que neste curso estudaron galego no sistema educativo entre primaria e secundaria se verán amplamente mermados. “Como exemplo poño o meu propio caso, eu tiña 14 alumnos e para o ano que vén quedarei con un só. O futuro camiña para a desaparición no bacharelato”, engade esta profesora que é unha das 47 que forman parte do Programa de promoción da Lingua Galega.
O alumno que lle quedará a Mª Xosé Taibo chámase Daniel Bernardo Vivero e estuda 4º da ESO no IES Padre Sarmiento de Vilafranca. “O que provoca este cambio é obvio, aos alumnos que veñan de vilas máis pequenas ou aldeas en autocar seralles imposible vir a esa hora, pois se teñen que recorrer ao transporte escolar será porque seus pais non os poden traer ou ben viven demasiado lonxe”, afirma Daniel. Confésase indignado e non dubida en botar unhas preguntas ao aire: “Iso é o que queremos nós para o galego? E a Xunta de Galicia vai facer algo ou dicir que todo vai ben mentres o galego queda ferido? Se non loitamos, non hai galego forte, así de sinxelo”.
“O que provoca este cambio é obvio, aos alumnos que veñan de vilas máis pequenas ou aldeas en autocar seralles imposible vir a esa hora, pois se teñen que recorrer ao transporte escolar será porque seus pais non os poden traer ou ben viven demasiado lonxe”, afirma DanielDistintas iniciativas en marcha
Malia o cambio de goberno, no Bierzo estanse a artellar medidas de protesta e mobilización coa vista posta no próximo inicio do período de matrículas o vindeiro día 24. O colectivo Fala Ceibe deu a voz de alerta cunha nota na que destacaba que a orde do 4 de maio da Junta de Castilla y León podía significar “un paso definitivo para a eliminación da lingua galega no sistema educativo do Bierzo”. Explicaba os prexuizos obxectivos que o alumnado que optara por esta materia podería ter, ampliación en 3 ou 4 horas no tempo de aulas, fóra do horario lectivo establecido e sen servizo de transporte escolar. “Suporá que moitos e moitas estudantes deixan de escoller esta materia, debido ás dificultades e impedimentos que se lles impón. Ademais, o alumando que escolla esta opción irá a aulas mentres os seus compañeiros asisten a actividades complementarias ou non asisten”, sinalan mentres valoran que a orde da Junta sitúa o galego á altura de actividades extraescolares como guitarra, cociña ou karate.
Madúranse nestes días iniciativas por parte das ANPAS, requirir un posicionamento do Parlamento Galego ou mesmo a convocatoria dunha manifestación para mostrar o rexeitamento a unhas ordes que, na práctica, poden supor a eliminación do galego do ensino no Bierzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario