martes, 30 de xuño de 2015

Ensino público, para quem?

O feito de formularmos esta pregunta da boa conta da resposta.
O público é universal por definición. É o común, e se lle poñemos restriccións non será. O dereito ó acceso ao ensino público ten que estar garantido polo Estado, a través dun sistema gratuíto e bolsas que impidan a exclusión de ninguén por causas económicas ou sociais. Porén, vemos como día a día un sistema que afonda nas desigualdades sociais e nos rouba os dereitos adquiridos se leva por diante tamén o de poder acceder á nosa formación.
As persoas ou os núcleos familiares que teñen uns ingresos mínimos non poden permitirse pagar unhas taxas tan abusivas por un exame que debería estar ao acceso de todos aqueles que superasen o bacharelato. 100 euros para quen ten uns ingresos de 600 ao mes, supón pagar facturas, alimentos e bens básicos irrenunciables para a vida de calquera persoa. A emerxencia social na que milleiros de persoas se atopan no estado fai que en moitos casos haxa quen non poda nen sequera pagar un exame tan básico como é o de selectividade.
É así que o pai desta familia púxose en folga de fame por mor desta situación. A situación é tan dramática para esta familia, que para proptestar e socializar a súa situación e logo de que a súa filla teña que emigrar á Canadá onde con axuda doutros familiares poderá estudar.
A pesar disto seguirá con esta dura proptesta, porque a precariedade e a miseria laboral que o conduciron a esta situación seguen existindo.
No contexto de crise actual son cada día máis as persoas que non se poden permitir o pagamento dunha matrícula universitaria, cuns criterios para o acceso a bolsas cada vez máis restricitivos.
Denunciamos unha situación insostible que nos afoga e que nos deixa sen o mínimo, o acceso ó ensino público universal e gratuíto, independentemente da situación económica ou social de cadaquén.

Ningún comentario:

Publicar un comentario