A Asociación Cultural Fala Ceive organiza varios actos para conmemorar o Día das Letras Galegas.
 Con poesía e moito amor polo galego. Así homenaxean no Bierzo a nosa lingua nun recital de poesía, no que participan os poetas Ramiro Vidal Alvarinho e Alberte Momán Noval, ademais dun concerto co cantautor Xosé Constenla. O acto, de entrada libre, ten lugar este venres a partir das 20.30 en Trabadelo, no Mesón As Calellas.
 Ramiro Vidal Alvarinho (Ferrol, 1972), é autor de diversa obra poética,
 entre a que destacan os títulos 'Mares de queixo', editado na rede en 
2010, e en 2015 'A porta verde do sétimo andar'; e tamén 'Letras de amor
 e guerra', editado en 2012.
 Alberte Momán (Ferrol, 1976), enxeñeiro técnico agrícola de profesión é
 autor dunha abondosa obra, tanto poética como narrativa, ademáis de 
responsábel da editorial 'O Figurante edicións'. Entre a súa obra 
poética destaca  Baile Àtha Cliath.(A. C. Caldeirón, 2008), Erótica. 
(Lulu, 2008), Ferrol e o que caída por chover (2008), Os quilómetros que
 percorremos dende aquela (Toxosoutos, 2011) e O zume calcinado 
(Lastura, 2014, edición trilingüe: galego-castellano-italiano).
 Xosé Constenla (Compostela, 1980), xeógrafo na Área de Urbanismo e 
Ordenación do Territorio de IDOM e profesor asociado da Universidade de 
Vigo, ten publicados como cantautor 3 discos: Quen fixo berrar ao 
silencio (2005) Olladas dun entusiasta (2008) e Sinecismo. 
Ningún comentario:
Publicar un comentario