As
cidades de Santiago e de Vigo acolleron os actos principais de protesta
e reivindicación lúdica organizados pola citada plataforma, nun día de
"festa reivindicativa" para dar "un toque de atención" á Xunta e
reclamar que traballe a favor da normalización da lingua, evidenciando
que "o galego é garantía de futuro", como indicaba a lema escollido para
encabezar as marchas nesta xornada.
Pasadas as 12.00 horas e acompañados dun tempo solleiro e estival, centos de persoas protagonizaron unha manifestación na capital galega durante a que se corearon consignas como "na Galiza, en galego" ou "en galego, Galiza ten futuro".
Un ambiente festivo e alegre acompañou a marcha, ao ritmo de tambores e da melodía das gaitas, que pasou brevemente pola Praza de Galicia tras percorrer a Rúa Senra, a Rúa Nova, e regresar preto das 12.30 horas á Praza de Praterías, onde se celebrou o acto central da protesta. A protesta contou coa participación de agrupacións xuvenís como Galiza Nova, Acción Universitaria, ou colectivos como NÓS-UP, entre outras.
Tamén se viron arroupados por diversos representantes de organizacións políticas e sindicais, así como do colectivo asociativo das diferentes localidades, como os candidatos ás eleccións municipais (Rubén Cela, Paco Reyes ou Martiño Noriega), deputados autonómicos do BNG ou de AGE, como Ana Pontón ou Xabier Ron, ou o secretario nacional da CIG, Suso Seixo, entre outros.
"É A EXISTENCIA DE GALICIA"
Alí, ademais de actuacións corais e musicais, diversos portavoces da plataforma protagonizaron unha lectura colectiva do manifesto "Galego, garantía de futuro". Neste documento reivindican a lingua como "a máis grande obra colectiva do pobo" que se mantén "a pesar de que, por acción ou omisión, a Xunta nega a posibilidade elemental de recibir, ou mesmo optar", por este idioma en ámbitos como a xustiza, o audiovisual, o transporte ou a sinalización pública.
"Usámolo os 365 días do ano, o sete días da semana e as 24 horas do día, non só o 17 de maio. Insistimos no uso da lingua porque é a nosa, é a de todos e todas as galegas, e queremos que viva e vivir nela, porque é a existencia de Galicia e porque existir é nosa maior necesidade", destacaron.
Ante a "unanimidade" de preocupación pola perda de falantes e a caída de uso na a mocidade, ademais dos efectos das políticas da Xunta, a plataforma reclama "medidas concretas", como as contempladas no Plan xeral de normalización lingüística, e que as institucións estean "máis próximas ás sensibilidades" dos seus cidadáns.
"Queremos galego, e activámonos como sociedade para telo e repolo nas rúas, nas escolas, nos parques, nos centros de traballo, nos medios de comunicación, na música, na literatura, na saúde, na xustiza, na administración. Queremos galego e necesitamos pasos adiante, non retroceder sobre os acordos".
Máis información en Galicia Hoxe.

Ningún comentario:
Publicar un comentario