Nun
momento no que parecía que Windows ía deixar de ter grandes complicacións cos
seus nomes de produto tras a chegada de Windows 10, dende Microsoft sorprenden
anunciando que o sistema operativo que este verán chegará a 190 países en 111
linguas vai
contar cun amplo abano de edicións que poden resultar bastante confusas
para os consumidores, pero que serven para definir claramente os distintos
ámbitos de aplicación da nova plataforma de software.
As edicións de Windows 10 confirmadas serían:
- Windows 10 Home: a edición doméstica orientada ao escritorio, que ofrecerían
unha experiencia de uso completa en ordenadores, tabletas e ordenadores
convertibles, integrando tamén o asistente Cortana, o novo navegador Microsoft
Edge e o sistema de identificación Windows Hello, entre outros moitas novidades
fronte a Windows 8.1.
- Windows 10 Mobile: o sistema operativo
móbil deixaría de chamarse Windows Phone 8.1 e pasaría a definirse como Mobile, o que indicaría que estamos ante
dispositivos móbiles baseados en interfaces táctiles, ou sexa, que aparte de
teléfonos tamén funcionaría en pequenas tabletas, polo que podemos velo como a
fusión entre Windows Phone e Windows RT.
- Windows 10 Pro: sería a versión do
Windows de escritorio que engadiría funcionalidades pensadas para profesionais
e pequenos negocios, como protección para datos sensibles, soporte remoto e
escenarios de produtividade móbil e de tecnoloxías na nube.
- Windows 10 Enterprise: estaría baseada
en Windows 10 Pro, pero dirixida a medianas e grandes empresas, polo que
incluiría numerosas prestacións dirixidas a un uso seguro de dispositivos,
identidades, aplicacións e información sensible no contorno corporativo.
- Windows 10 Education: sería algo
semellante ás versións Home e Pro, pero dirixido a contornos educativos nos que
as licenzas se mercase por volume.
- Windows 10 Mobile Enterprise: aquí
temos unha curiosa versión do sistema operativo móbil que busca facilitar a súa
administración dende a empresa, engadindo xeitos seguros e flexibles para que
os negocios poidan xestionar as actualizacións e moitos outros elementos
fundamentais para as súas xestións de flotas de dispositivos móbiles.
Tamén estarán dispoñibles versión de Windows 10 Enterprise e Windows 10 Mobile
Enterprise para dispositivos industriais
como os caixeiros automáticos ou os TPV, así como un Windows 10 IoT Core (para
pequenos trebellos da Internet das cousas).
Dende Microsoft lembran que durante un ano permitirán que os usuarios con
dispositivos con Windows 7, Windows 8.1 e Windows Phone 8.1 poderán actualizar
a Windows 10 Home, Windows 10 Mobile e Windows 10 Pro segundo corresponda,
totalmente de balde, mentres que as versións profesionais e educativas
continuarán a ser de pagamento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario