A aprobación da ampliación do presuposto destinado á compra de
armamento, en máis de 800 millóns de euros, evidencia que a asignación
presupostaria se realiza segundo as prioridades ideolóxicas que os
gobernantes entenden son máis urxentes para os seus intereses e
compromisos, e está demostrado que a prioridade deste Goberno non é
atender ás necesidades da súa poboación senón atender os intereses
económicos e comerciais dun sector máis que cuestionable como é a
industria armamentística.
Na guerra do pasado verán entre Israel e Palestina o Estado Español
tivo que deixar de subministrar armas a Israel, xa que a contenda estaba
a ser fortemente criticada a nivel nacional e internacional, pero pouco
despois levantou o veto e a venda de armas segue sendo unha práctica en
países democráticos que facilitan beneficios millonarios a empresas que
non os destinan a promover a Paz nin a xustiza social.
Os nosos gobernantes demostran unha total falta de sensibilidade
social tomando decisións que non abordan as necesidades da poboación á
que din representar cada vez que se erixen como lexitimados para tomar
decisións só porque foron elixidos nas urnas pero obvian as demandas
reais da sociedade.
A diminución do presuposto destinado a bolsas e axudas con requisitos
cada vez máis difíciles de cumprir, a redución do 95% do presuposto
destinado a compensatoria, a aprobación de presupostos destinados a
sufragar os gastos que xeran a realización de probas externas ao
alumnado, e agora a ampliación do presuposto destinado á compra de
armamento demostra que o modelo educativo e social que este Goberno
pretende impoñer está baseado na vulneración do Dereito á Educación, xa
que, como no seu día declarou a Secretaria de Estado de Educación, para
eles "o actual sistema público é insostible
CEAPA entende que é insostible destinar sumas millonarias de diñeiro
público para compras de armamento e mentres se cuestione a situación de
pobreza da poboación española en xeral e da poboación infantil en
particular.
Por todo o anteriormente exposto, CEAPA esixe que se abran os
comedores escolares todos os días e a toda a poboación xa que son os
espazos ideais para combater a situación que están a vivir un número
crecente de menores de forma que permanezan abertos durante os días non
lectivos con todo tipo de actividades lúdicas e educativas en horarios
que inclúan o almorzo e a comida, destinando a este fin o presuposto
extraordinario aprobado para a compra de armamento, compra que non se
debería realizar en modo ningún neste momento.
Ningún comentario:
Publicar un comentario